InicioSociedadeOs profesores da Escola de Arte Dramática exculpados de acoso sexual volven...

Os profesores da Escola de Arte Dramática exculpados de acoso sexual volven ao traballo este luns

Denuncian "coaccións" para que non se leve a cabo un acto reivindicativo en apoio ás alumnas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os profesores da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD), situada en Vigo, que foran acusados de acoso sexual por varias alumnas e exalumnas volverán aos seus postos de traballo o vindeiro luns tras o arquivo da causa contra eles.

Foi en febreiro de 2021 cando varios profesores da Escola de Arte Dramática foron chamados a declarar por supostos delitos de acoso sexual. A investigación xudicial partiu das denuncias de varias alumnas do centro educativo e o caso foi desestimado por prescrición dos feitos.

A partir dos primeiros casos, estudantes e profesoras iniciaron a principios de 2020 un calendario de protestas e paros para denunciar a situación, que terminou nos tribunais.

Precisamente, este luns profesores e persoal de administración e servizos (PAS) do centro atenderán a prensa e lerán un manifesto no vestíbulo das instalacións e denuncian “coaccións” para que non se leve a cabo este acto reivindicativo en apoio ás alumnas.

Con todo, os profesores volverán aos seus postos de traballo tras ser arquivada a causa contra eles, segundo informou unha representante do profesorado.

ÚLTIMAS

Competencia detecta indicios de prácticas irregulares no contrato de 470 millóns do bus urbano de Vigo

A contratación pública constitúe un dos principais mecanismos polos que as administracións deciden como...

Orden de busca e captura dunha empregada do fogar que subtraeu xoias por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A Quinta Sección da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ordenou a...

O home que apuñalou a súa exmuller cunha lanza en Vigo será xulgado tamén por tentar matar a un policía

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá o...

Un camión en chamas na AP-9 provoca retencións quilométricas á entrada de Vigo

Un camión incendiouse este luns na autoestrada AP-9, á entrada de Vigo, provocando retencións...