InicioSociedadeVigo, a única área sanitaria galega sen pacientes covid na UCI

Vigo, a única área sanitaria galega sen pacientes covid na UCI

Con todo, segue sendo a área onde máis contaxios se producen.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os pacientes hospitalizados pola Covid-19 en Galicia descenden a 508, que supoñen 40 menos que os rexistrados o día anterior, mentres que os casos activos ascenden por segunda xornada consecutiva ata os 9.883 –implican 344 máis–, tras detectarse outros 845 novos contaxios. Pola súa banda, a taxa de positividade repunta a un 41 por cento no conxunto de Galicia.

Segundo os datos actualizados este venres pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do xoves, recollidos por Europa Press, descenden a 17 as persoas hospitalizadas en UCI pola Covid-19 en Galicia –una menos– e a 491 as ingresadas en unidades convencionais –39 menos–, mentres que 9.375 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio. O pasado venres, 20 de maio, había 657 hospitalizados, 27 deles en UCI.

Por áreas sanitarias, a de Vigo destaca como a única de Galicia sen pacientes Covid en UCI –a xornada anterior contaba con dúas–, mentres que se reducen a 65 os ingresados noutras unidades –sete menos–.

CASOS ACTIVOS EN AUMENTO

Os casos activos de Covid-19 suman dúas xornadas consecutivas en aumento ao ascender a 9.883, que implican 344 máis que a xornada anterior ao haber máis contaxios (845) que altas (501), mentres que Sanidade non notificou falecidos con respecto ao día pasado. O aumento é xeneralizado nas sete áreas sanitarias galegas, coa de Vigo á cabeza (+75) que queda con 1.881 casos.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...