InicioSociedadeOurense quere competir con Vigo nas luces do Nadal

Ourense quere competir con Vigo nas luces do Nadal

Jácome aumenta en 200.000 euros o orzamento do Nadal para atraer máis turismo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A xunta de Goberno Local de Ourense aprobou o expediente de contratación da iluminación do Nadal para a tempada 2022-23, ao que se destinará unha dotación de 599.000 euros (uns 200.000 euros máis que en exercicios anteriores).

Segundo informaron fontes municipais, o contrato inclúe a iluminación de rúas e prazas da cidade, co obxectivo de “chegar a máis espazos que nunca, e aumentar de forma importante o número de elementos ornamentais e a súa espectacularidade”.

O Concello pretende aproveitar a chegada do AVE e o atractivo da iluminación do Nadal para conseguir que Ourense sexa un “potente destino turístico” durante esas datas. Ademais, xa hai día fixado para o aceso das luces: o venres 2 de decembro.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Aqualia confirma metais pesados na auga da traída municipal da parroquia de Beade, en Vigo

A Xunta de Galicia notificou ao Concello de Vigo e á empresa concesionaria Aqualia...

Caballero advirte a Xunta e Deputación sobre Balaídos: “Vano pagar co diñeiro ou nas urnas”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este martes en solicitar o cofinanciamento da...

Julio Costas, novo valedor da Universidade de Vigo

O catedrático de Dereito Mercantil Julio Costas Comesaña foi elixido este martes novo valedor...

Vigo e o turismo invisible

​Sempre que se analiza o éxito turístico de Vigo, os titulares repiten os mesmos...