InicioO Forum Peregrino 2022 celebrarase en Tui durante o 21 e 22...

O Forum Peregrino 2022 celebrarase en Tui durante o 21 e 22 de maio

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, destacou a importancia de eventos como este que "contribúen á valorización do Camiño", remarcando que se trata dunha "ferramenta importante porque significa que van vir á cidade profesionais que teñen un amplo e extenso coñecemento desta materia".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A aula da UNED, no antigo Convento de San Domingos, en pleno Camiño de Santiago, acollerá o sábado 21 e o domingo 22 de maio o Forum Peregrino organizado por Iacobus Tui Baixo Miño coa colaboración do Concello de Tui.

O evento foi presentado este venres ao mediodía polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, pola concelleira de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicente, e xunto a Juan José Sánchez, vicepresidente;Alfonso Ferreira, secretario e Jesús Carreira, vogal de Iacobus Tui -Baixo Miño.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, destacou a importancia de eventos como este que “contribúen á valorización do Camiño”, remarcando que se trata dunha “ferramenta importante porque significa que van vir á cidade profesionais que teñen un amplo e extenso coñecemento desta materia”.

“Aínda que esteamos nun momento bo e doce tamén temos que debater sobre o momento actual e sobre cales son os desafíos e retos do futuro”, puntualizou.

Sonsoles Vicente, pola súa banda, indicou que serán dous días “de divulgación, de coñecer actividades que se realizan ao redor delcamino de Santiago relacionadas coa educación e coa parte social que leva o Camiño de Santiago”.

PROGRAMA

O sábado, tras a apertura do alcalde, o primeiro relator será o historiador e experto do Camiño Rafael Sánchez Bargiela, que hablarásobre ‘Crónicas e relatos sobre Tui, de peregrinos polo Camiño Portugués’. A continuación Javier Pitillas, de Discamino, que axuda a persoas con discapacidade a realizar o Camiño de Santiago, presentará o seu proxecto solidario ‘Que ninguén che diga que non podes’, que foi finalista dos premios Princesa de Asturias. Tamén o sábado contarán coa presenza do profesor da Universidade do Porto, Joel Cleto.

Ademais das conferencias están tamén previstas visitas guiadas aos conxuntos históricos de Tui e Valença e unha travesía en barco polo Miño. Ás 20,30 horas na igrexa de San Francisco celebrarase a Misa Peregrina.

Xa o domingo a apertura da xornada correrá a cargo do presidente da Federación Galega de Asociacións de Amigos do Camiño (Fegac), Manuel López. Acto seguido, intervirá o presidente da Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago (Feaccs), Jorge Martínez Cava, que pronunciará a conferencia ‘Retos do asociacionismo xacobeo. Cara ao ano 2027’.

Alfonso Ferreira intervirá tamén o domingo ás 11,00 horas coa charla ‘Eu? Peregrino!’, e seguirao Quinin Freire, que presentará o proxecto escolar ‘Unha xanela aberta ao mundo’, que recibiu o Premio Camiño de Santiago 2018 ao mellor proxecto educativo sobre o Camiño.

Ás 13,00 horas o tema da conferencia será ‘Camiño de Santiago, anos santos e xacobeos, converxencias e diverxencias’, que impartirá o profesor da Universidade de Santiago e xornalista experto no Camiño, Manuel Rodríguez, que recibiu o premio Aymeric Picaud, en recoñecemento ao seu traballo de divulgación do Camiño de Santiago.

Para pechar este Forum 2022 contarase coa presenza de Ildefonso de la Campa, director de Administración e Relacións coas Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago.

ÚLTIMAS

Hospitalizado un mozo de 17 anos tras ser agredido con arma branca no Entroido de Hío

Un mozo de 17 anos, veciño de Vigo, tivo que ser hospitalizado na noite...

A Cátedra Ardán sitúa a Interfish España como un alicerce estratéxico para a economía

A Cátedra Ardán, impulsada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Universidade...

Detido un home en Vigo por agredir e romperlle o beizo a unha muller en plena rúa

Un home, H.J.R. de 40 anos de idade, foi detido o pasado sábado en...

Temor no sector naval pola escaseza de persoal cualificado

O secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, valorou este martes o "bo momento" da...