InicioSociedadeO Concello de Tui solicita un obradoiro de emprego para recuperar a...

O Concello de Tui solicita un obradoiro de emprego para recuperar a senda do río Furnia

Nel formaríanse 20 persoas en dúas especialidades co obxectivo de "recuperar a riqueza natural e cultural da conca do río".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Tui vén de presentar á Consellería de Emprego e Igualdade a solicitude de
subvención, dentro da convocatoria de Obradoiros duais de emprego 2022, para a execución do proxecto “Senda río Furnia”, nas parroquias de Malvas e Pexegueiro.

O seu obxectivo, explica o Concello, é “recuperar a riqueza natural e cultural da conca do río Furnia” no termo municipal de Tui. O obradoiro solicitado por un período de 12 meses incluiría dúas especialidades, unha forestal de “Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes” e outra de madeira de “Montaxe e instalación de construcións de madeira”.

O alumnado, 10 persoas por especialidade, obtería o correspondente certificado de profesionalidade, en dous oficios que contan con gran demanda laboral na actualidade. O orzamento do obradoiro ascende a preto de 660 mil euros, dos que preto de 500 mil serían aportados pola Xunta e 160 mil polo Concello de Tui.

No caso de que a resolución sexa favorable, esta actividade formativa podería comezar o próximo 1 de xullo, sinala o Concello. Ademais, a subvención contempla a contratación dunha persoa para o cargo da dirección, outra para titoría, outra a tempo parcial
para auxiliar de oficina, e dúas persoas como docentes. O alumnado deberá estar en posesión do graduado en ESO ou superior, ser maior de 18 anos e estar inscrito na oficina do Servizo Público de Emprego de Tui. 

SENDA FLUVIAL DE MÁIS DE 4.500 METROS

O proxecto inclúe a integración ambiental do propio curso fluvial e unha senda peonil de 4.650 metros de lonxitude na zona de servidume de tránsito do río nas parroquias de Malvas e Pexegueiro. Para a súa execución contémplase a limpeza de vexetación, colocación de tocos de sinalización, paneis informativos, varandas e pontellas de madeira. Coa execución desta senda, o Concello “dará resposta a unha vella aspiración da veciñanza destas dúas parroquias tudenses”.

ÚLTIMAS

Un home enfróntase a seis anos de cárcere tras incautarlle varias doses de cocaína e heroína

A Audiencia de Pontevedra xulgará o martes a un home que se enfronta a...

Detido un home en Vigo tras prenderlle lume á súa exparella

A Policía Nacional detivo a un home en Vigo tras asperxer á súa exparella...

Comeza a operación Panificadora en Vigo, á espera do PXOM e as expropiacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

O presidente dos comuneiros de Cabral afronta un ano e tres meses por unha obra ilegal

O Xulgado do Penal número 2 de Vigo acollerá a próxima semana un xuízo...