InicioSociedadeA Covid segue sen dar un respiro na área de Vigo

A Covid segue sen dar un respiro na área de Vigo

Seguen subindo os casos.

PUBLICADO O

Os pacientes hospitalizados pola Covid-19 en Galicia descenden a 703, que supoñen nove menos que o día anterior, mentres que os casos activos cambian de tendencia e aumentan no conxunto de Galicia ata os 16.728, que implican 616 máis, despois de haberse se outros 1.572 novos contaxios –catro máis–. Pola súa banda, a taxa de positividade sobe lixeiramente ata un 32,7 por cento.

Segundo os datos actualizados este xoves pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do mércores, recollidos por Europa Press, baixan a 21 as persoas hospitalizadas en UCI pola Covid-19 en Galicia –unha menos– e a 682 as ingresadas en unidades convencionais –oito menos–, mentres que 16.025 pacientes permanecen en seguimento nos seus domicilios. Hai unha semana –o xoves 28 de abril– había 702 ingresados, deles 21 en UCI.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase en tres das sete: A Coruña-Cee, Vigo e Ferrol. Na de Vigo quedan tres en críticos –un menos– e conta con 76 noutras unidades –cinco menos–.

AUMENTAN OS CASOS

Os casos activos de Covid-19 reverten a tendencia descendente que mantiñan desde o inicio desta semana e aumentan ata os 16.728, que supoñen 616 máis que a xornada anterior, ao haber máis contaxios (1.572), que altas (946), ao que se suman dez falecementos. O ascenso é xeneralizado nas sete áreas sanitarias, coa de Vigo á cabeza (+164) que volve subir ata os 2.644 contaxiados.

VÍTIMAS

As vítimas da pandemia pola Covid-19 en Galicia aumentan a 3.366 despois de notificar a Consellería de Sanidade este xoves outros dez falecementos de pacientes con patoloxías previas. Deles, un home de 96 anos que morreu o pasado 3 de maio na área de Vigo.

ÚLTIMAS

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...

O BNG de Vigo pide ao Concello a mobilización de 200 millóns de remanentes ante a “ameaza” de bloqueo este ano

O BNG de Vigo urxiu ao goberno local de Vigo que mobilice uns 213...

Abel Caballero celebra a chegada da moi alta tensión eléctrica á cidade: “É o que Stellantis e a cidade quería”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este mércores o anuncio da aprobación no Consello...