InicioSociedadeA área de Vigo, a única de Galicia onde soben os hospitalizados...

A área de Vigo, a única de Galicia onde soben os hospitalizados con Covid

Hai catro pacientes máis en unidades de hositalización, un deles na UCI.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os casos activos de Covid-19 seguen en descenso ao situarse en 11.605 no conxunto de Galicia, así como os pacientes hospitalizados, que baixan a 479 –supoñen 26 menos que a xornada anterior–, deles 14 en UCI, mentres que os novos contaxios aumentan a un milleiro –uns 80 máis–. Pola súa banda, a taxa de positividade increméntase ao 19,5 por cento.

Segundo os datos actualizados este mércores pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do martes, recollidos por Europa Press, descenden a 14 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia –dúas menos– e a 465 as hospitalizadas en unidades convencionais –24 menos–, mentres que 11.126 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana –o mércores 30 de marzo– había 465 hospitalizados, 25 deles en críticos.

Por áreas sanitarias, a de Vigo destaca como a única con incremento de hospitalizados por este coronavirus, con dous pacientes en UCI –un máis– e 83 noutras unidades –tres máis–.

CASOS

Segue en Galicia a tendencia descendente dos casos activos desde a entrada en vigor o pasado 28 de marzo de novo protocolo de vixilancia da Covid-19 polo que xa non se contabilizan os autotest e non se fan illamentos salvo excepcións, e redúcense a 11.605, que supoñen 1.031 menos que o día anterior ao haber de novo máis altas (2.041), que contaxios (1.012), ao que se engaden varios falecementos.  De novo o descenso de casos é xeneralizado nas sete áreas, coa da Coruña e Cee á cabeza (-264), seguida da de Vigo (-185), que queda con 2.135 contaxiados.

FALECIDOS

As vítimas da pandemia pola Covid-19 ascenden a 3.231, ao notificar este mércores a Consellería de Sanidade outro tres falecementos rexistrados nos últimos días, que corresponden a tres mulleres maiores que tiñan patoloxías previas. Unha das mulleres, de 93 anos morreu na área de Vigo o 3 de abril.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...