InicioSociedadeCase 20 novos contaxiados de Covid ingresaron este domingo nos hospitais de...

Case 20 novos contaxiados de Covid ingresaron este domingo nos hospitais de Vigo

Con todo, o número de casos segue baixando, case 750 nas últimas 24 horas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os pacientes hospitalizados pola Covid-19 en Galicia aumentan a 530, que supoñen 69 máis que o sábado –os domingos non se actualizan os datos–, dos cales 17 permanecen en UCI –cinco menos–; mentres que as infeccións activas descenden a 13.878 –uns 3.700 menos– tras outros 517 novos casos abertos nas últimas 24 horas. Pola súa banda, a taxa de positividade baixa a un 21 por cento.

Segundo os datos actualizados este luns pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do domingo, recollidos por Europa Press, descenden a 17 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia –cinco menos–, pero aumentan a 513 as hospitalizadas en unidades convencionais –74 máis–, mentres que 13.348 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana –o luns 28 marzo– había 463 hospitalizados, 25 deles en críticos.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta nas sete. Na de Vigo baixan a dous o críticos –un menos– e aumentan a 86 os hospitalizados noutras unidades –19 máis–.

CASOS EN DESCENSO

Os casos activos de Covid-19 seguen en descenso continuo desde hai unha semana, cando entrou en vigor o novo protocolo de vixilancia e control da Covid-19 polo que xa non se contabilizan os autotest e non se fan illamentos salvo excepcións, e sitúanse en 13.878. O descenso de casos foi xeneralizado nas sete áreas, coa da Coruña e Cee á cabeza (-755), seguida da de Vigo (-748), que queda con 2.558 casos.

ÚLTIMAS

40 axentes homenaxean a un compañeiro da Garda Civil que estivo un ano nun hospital tras un atropelo

Preto de 40 axentes da Garda Civil e numeroso persoal do Hospital Vithas...

Juan Carlos I chega de novo a Peinador para regatear en Saxenxo

Tal e como se esperaba, o rei emérito Juan Carlos I aterrou este mércores...

O PP critica que Caballero non explicase as súas “chapuzas e irregularidades” tras un ano do concerto de Guns N’Roses

O PP de Vigo lamentou que pasase xa un ano do concerto do grupo Guns N'Roses...

Arquivan a causa contra o chofer do autobús accidentado en Cerdedo-Cotobade onde faleceu un rapaz de Nigrán en 2022

O xulgado de instrución número 1 de Pontevedra ditou o sobresemento da causa contra...