InicioSociedadeOs ciberdelitos son xa o 40% das denuncias presentadas na comisaría de...

Os ciberdelitos son xa o 40% das denuncias presentadas na comisaría de Vigo

A nivel provincial, o incremento deste tipo de denuncias foi dun 84% en febreiro e dun 145% en marzo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O 40% das denuncias que se presentan na Comisaría da Policía Nacional de Vigo están relacionadas con ciberdelitos, fundamentalmente estafas por Internet, unha modalidade delituosa que “crece mes a mes” e que “lastra” as cifras xerais das infraccións cometidas na provincia de Pontevedra.

Os datos de delicuencia e infraccións penais dos dous últimos meses foron analizadas na xunta provincial de seguridade, celebrada este venres en Pontevedra coa participación da subdelegada do Goberno na provincia, Maica Larriba.

Representantes da Garda Civil e a Policía Nacional manifestaron a súa preocupación pola tendencia á alza dos ciberdelitos. A nivel provincial, o incremento deste tipo de denuncias foi dun 84% en febreiro e dun 145% en marzo.

Destaca o caso de Vigo, onde case a metade das denuncias que se presentan cada día están relacionadas con delitos cometidos por medios informáticos, especialmente estafas por Internet.

Tamén resaltaron o aumento de episodios de ameazas, coaccións e pequenas lesións que se producen na contorna do lecer nocturno e, mesmo, nas propias comunidades veciñais en rifas entre veciños e veciñas. Estes delitos crecen un 50% a nivel provicial en comparación con hai un ano. Así mesmo, repuntan un 10% os roubos e furtos, sobre todo, en vivendas; mentres que os roubos con forza en establecementos caeron á metade durante o mesmo período.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...