InicioSociedadeBaixan os casos pero aumentan as vítimas con Covid

Baixan os casos pero aumentan as vítimas con Covid

A área de Vigo baixa dos 4.000 casos.

PUBLICADO O

Os novos contaxios de Covid-19 mantéñense por segundo día por baixo dos 2.000 diarios en 1.291 en Galicia e os casos activos baixan a 20.876 –que supoñen uns 960 menos que os rexistrados a xornada anterior–, mentres que os pacientes hospitalizados por este coronavirus aumentan a 467 –catro máis– en Galicia no comezo desta semana na que entrou en vigor o novo protocolo de vixilancia e control deste virus, que elimina os illamentos aos positivos e déixase de facer probas diagnóstica á poboación xeral.

Segundo os datos actualizados este martes pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do luns, recollidos por Europa Press, mantéñense 25 persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia e ascenden a 442 as hospitalizadas en unidades convencionais –catro máis–, mentres que 20.409 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana –o martes 22 de marzo– había 436 hospitalizados, 18 deles en críticos.

Na área de Vigo mantéñense dous pacientes Covid en UCI, pero aumentan a 76 os ingresados noutras unidades –seis máis–.


CASOS ACTIVOS

A tendencia descendente dos casos activos de Covid-19 mantense por segunda xornada consecutiva ao baixar a 20.876, que implican 963 menos que os rexistrados no inicio desta semana ao haber de novo máis altas (2.247) que contaxios (1.291), ao que se engaden sete falecementos.  O descenso de casos é xeneralizado en seis das sete áreas sanitarias galegas, coa da Coruña e Cee á cabeza (-233), seguida da de Vigo (-208) que queda con 3.960 casos.

FALECIDOS

Desde o inicio da pandemia faleceron en Galicia 3.207 persoas pola Covid-19 tras notificar este martes a Consellería de Sanidade outro sete óbitos, todos eles de persoas con patoloxías previas. Cinco das mortes son da área de Vigo.

Así, catro rexistráronse o pasado 25 de marzo na área sanitaria de Vigo, correspondentes a catro homes de 69, 74, 77 e 95 anos de idade. O outro foi o día 27 de marzo. Trátase dun home de 78 anos.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada...

Sae o vehículo número 16 millóns de Stellantis, un Fiat E-Dobló 100% eléctrico

Stellantis Vigo produciu este martes o seu vehículo número 16 millóns desde que a...