InicioSociedadeSeguen aumentando os casos e a vítimas con Covid na área de...

Seguen aumentando os casos e a vítimas con Covid na área de Vigo

Houbo case 200 novos contaxios o último día.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os novos contaxios de Covid-19 superaron de novo os 2.000, que supoñen uns 120 máis que a xornada anterior, tras o que os casos activos increméntanse a 18.561 –máis dun milleiro que o día pasado–, mentres que os pacientes hospitalizados descenden a 379 –que constitúen 18 menos–. Polo seu lado, a taxa de positividade descende a un 10,6 por cento.

Segundo os datos actualizados este xoves pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do mércores, recollidos por Europa Press, por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase en seis das sete. Así, na de Vigo permanecen dous en UCI e baixan a 39 os doutras unidades –catro menos–.

CASOS EN ASCENSO

En canto aos casos activos de Covid-19 mantense a tendencia ascendente por terceira xornada consecutiva en Galicia, tras iniciarse esta semana cun descenso, polo que se sitúan en 18.561, que implican 1.099 máis que o día anterior, ao haber de novo máis contaxios (2.027) que altas (926), ao que se engaden varios falecementos.   As infeccións activas ascenden de novo nas sete áreas sanitarias galegas, coa da Coruña e Cee á cabeza (+279), seguida da de Vigo (+195). Deste vigo, ascende a 3.319 contaxiados.

VÍTIMAS

Pola súa banda, as persoas falecidas pola Covid-19 desde o inicio desta pandemia aumentan a 3.141 despois de notificar este xoves a Consellería de Sanidade outro tres vítimas, todas elas con patoloxías previas.

Un dos óbitos rexistrouse o pasado 7 de marzo na área sanitaria de Vigo e correspondeu a unha muller de 73 anos. 

ÚLTIMAS

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Detido un home en Vigo por saltar unha orde de afastamento dunha muller coa que foi sorprendido discutindo na rúa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...