InicioSociedadeO BNG alerta de que se mantén a "ameaza" do parque eólico...

O BNG alerta de que se mantén a “ameaza” do parque eólico en Redondela

A formación nacionalista acusa a Xunta de "manipular a veciñanza ao afirmar que a empresa desistira" e chama a estar "alerta" ante os próximos movementos.

PUBLICADO O

A proposta de construción do parque eólico en Reboreda continúa en fime e sen cambios”, indica o BNG un mes despois do anuncio da Xunta e da intención da empresa enerxética de renunciar ao proxecto. Segundo a formación nacionalista, chégase a esta conclusión tras “comprobar en reiteradas ocasións que na páxina do Plan Eólico de Galiza, se mantén a proposta de construcción dun parque de dez areoxeradores entre os montes de Pazos de Borbén e Redondela”.

Así, o BNG acusa o PP e a Xunta de Galicia de “poñer á venda o monte de Reboreda” para beneficio das industrias enerxéticas”. Alertan, igualmente, da necesidade de manter o interese e a expectación, posto que “en calquera momento poderían sacar a exposición pública un expediente, do que unicamente outorgarán quince días para a presentación de alegacións”.

En concreto, a concelleira nacionalista Jésica García afirmou que a Xunta “tentou manipular a veciñanza, ao afirmar que a empresa desistira”. Tal como expuxo na
moción que defendeu no Pleno, a favor dun novo modelo enerxético, “existía outro proxecto que afectaba a montes de Ventosela, Soutomaior e Pazos de Borbén, que foi do
que se desistíu. A realidade é que a proposta que leva consigo dous muíños de perto de
douscentos metros en Reboreda, segue adiante”, conclúe.

A concelleira do BNG expuxo, ademais, que “non só se mantén en trámites previos o Proxecto de Reboreda, senón que potencialmente o propio monte Penide, segundo os plans da Xunta, sería susceptible de instalación dun parque de muíños de vento no futuro”. Por iso, considera “imprescindible” que a veciñanza se manteña “alerta”. “Os colectivos organizados deben retomar a súa folla de ruta para impedir que se constrúa este parque”, remata.

ÚLTIMAS

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada...

Rescatan un bebe que quedou pechado nun vehículo

Os Bombeiros de Vigo tiveron que rescatar na mañá deste martes a un bebé...

Tres detidos en Vigo por presunta vinculación cun atraco bancario

Polo menos tres persoas foron detidas na mañá deste martes en Vigo pola súa...