InicioSociedadeDous barcos históricos chegan a Baiona na antesala da Arribada

Dous barcos históricos chegan a Baiona na antesala da Arribada

Poderán visitarse de forma gratuíta ata o vindeiro domingo 6 de marzo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os barcos históricos do proxecto europeo Exploraterra chegaron este mércores ao municipio de Baiona, onde poderán visitarse de forma gratuíta ata o vindeiro domingo 6 de marzo, coincidindo coa celebración das festas da Arribada, que levarán a cabo o fin de semana.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acudiu a Baiona para recibir estes barcos, que chegan no medio da súa xira por diferentes lugares enmarcada nunha iniciativa liderada pola Fundación Nave Victoria e que está financiada polos fondos Feder da Unión Europea, contando á súa vez coa participación da Xunta e doutras institucións.

Tal como explicou o Goberno galego nun comunicado, o obxectivo é promover o coñecemento do patrimonio cultural e histórico asociado ás viaxes de descubrimento. Exploraterra 2022 estará en Baiona representada polas réplicas da Nave Santa María e a carabela portuguesa Veracruz, que permanecerán atracadas no porto deportivo da localidade ata o vindeiro domingo.

“A presenza estes días destas históricas embarcacións suman atractivo á celebración da Festa da Arribada, facendo de Baiona un punto de encontro imprescindible durante estes días”, indicou Castro. Para ela, é importante preservar, valorizar e promover o patrimonio cultural vinculado á era das grandes expedicións marítimas nas que Galicia ten un “importante protagonismo histórico”.

ÚLTIMAS

A Xunta mobiliza buques, drones e empresas de limpeza tras unha gran mancha de graxa de palma no Porto de Vigo

A Xunta de Galicia activou á primeira hora da tarde o Plan Territorial de...

Novas mobilizacións en centros de Vigo: “a educación é un dereito e non máis recortes”

Membros da comunidade escolar do CEIP A Paz Tintureira de Vigo concentráronse este xoves...

Seguen as críticas cruzadas para que Balaídos sexa sede no Mundial de fútbol de 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamou este xoves á Xunta e á Deputación...

Caballero ironiza sobre as vivendas da Xunta en Vigo: “Fan máis visitas que pisos constrúen”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ironizou este xoves sobre a nova visita da...