InicioSociedadeO Sergas di que agardar no Cunqueiro máis de 5 horas por...

O Sergas di que agardar no Cunqueiro máis de 5 horas por patoloxías non urxentes “é normal”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Sergas restou importancia á “saturación” e á “falla de medios” de Urxencias do Álvaro Cunqueiro esta fin de semana tal e como denunciaron pacientes a este medio de comunicación. “As incidencias foron as dun fin de semana normal“, destacaron fontes oficiais do centro hospitalario vigués que aclararon que “é normal” agardar máis de cinco horas se a patoloxía non é urxente.

Así, en declaracións a Xornal de Vigo, fontes do Sergas suliñaron que nas Urxencias dáse sempre prioridade aos “críticos e pacientes con patoloxías urxentes”. “Os que esperan son os que non teñen  algo urxente que tratar”, apuntaron. “Mesmo hai doenzas que poden agardar a ser tratadas o luns polo médico de cabeceira ou no PAC, pero hai xente que ven a Urxencias e é atendida pero, claro, ten que agardar”, indicaron.

Sobre as queixas de pacientes e enfermaría, desde o Álvaro Cunqueiro salientaron que as incidencias médicas desta fin de semana “foron normais”, comparables a calquera outra fin de semana, a pesar da vaga de calor. Así, o sábado houbo 346 persoas atentidadas e o domingo 369. “A media de xullo foi 369”, indicaron. Por iso, negaron que houbera desatención ou falla de persoal porque, insistiron, “tratouse dunha fin de semana normal”

ÚLTIMAS

Vigo crea ‘A Navideña’, unha “Compostelana” que acredita a visita á cidade durante as festas

OO alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou a creación de "A Navideña", un certificado...

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

Tres menores provocan a detendión dun presunto pedófilo tras crear unha conta falsa en redes

A Garda Civil de Vigo detivo a un home de 47 anos, veciño de...