InicioSociedadeXulgan por extorsión a un garda que lle pediu un reloxio de...

Xulgan por extorsión a un garda que lle pediu un reloxio de 2.900 euros a un empresario

O axente cambiou logo o reloxio por cartos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra xulga este martes, 15 de febreiro, a un garda civil do posto de Tui para o que Fiscalía pide cinco anos e tres meses por supostos delitos de extorsión e suborno.

Segundo o escrito de acusación, o axente estableceu en 2015 unha relación persoal cun empresario, dono dunha empresa de camións, debido a que o acusado participaba en controis de inspección de documentación de vehículos de transporte de hidrocarburos.

Así, en decembro de 2015, “con ánimo de obter un indebido beneficio económico”, o garda civil esixiulle ao empresario que lle regalase un reloxo de alta gama –marca Baume– para “evitar” controis e inspeccións cos que “entorpecer” a actividade da empresa.

O 16 de decembro de 2015, ambos dirixíronse a unha xoiaría do Centro Comercial Alvarinho, en Valença do Miño (Portugal), onde o empresario comprou un reloxo por un prezo de 2.900 euros e regaloullo ao axente ante “o temor fundado a sufrir represalias” debido á súa competencia en materia de supervisión.

O fiscal indica que a factura de compra realizouse a nome do acusado, quen dous días despois regresou á xoiaría, onde devolveu o reloxo e quedou cos 2.900 euros que o xoieiro lle reintegrou.

Igualmente, pídese para o acusado a suspensión de emprego e cargo público como funcionario durante o tempo da condena. Ademais, demándase unha indemnización de 2.900 euros para a vítima.

ÚLTIMAS

PP e BNG emendan a ordenanza das Zonas de Baixas Emisións de Vigo: uns piden atrasar multas e outros devolver o texto

Os grupos municipais da oposición no Concello de Vigo presentaron as súas emendas ao...

Tres detidos por abandonar a un home ferido nunha cuneta en Moaña

A Policía Nacional detivo nas últimas horas a tres persoas supostamente relacionadas coa aparición...

Un SMS falso acaba nunha estafa de 140.000 euros. Así é a estafa intervida pola Garda Civil no Porriño

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da...

O persoal do lixo de Vigo convoca folga indefinida a partir do 24 de maio

O comité de persoal de FCC (CIG, CC.OO. e USO), concesionaria do servizo de...