InicioSociedadeTomiño e Vilanova de Cerveira tenderán unha ponte peonil entre Galicia e...

Tomiño e Vilanova de Cerveira tenderán unha ponte peonil entre Galicia e Portugal

Vila Nova de Cerveira e Tomiño presentaron un novidoso proxecto para unir as ribeiras das dúas localidades cunha ponte peonil e ciclista que permita aos visitantes visitar os seus parques e zonas verdes.

PUBLICADO O

Galicia e Portugal volven recuperar lazos históricos. As localidades de Tomiño e de Vilanova de Cerveira estiveron centos de anos separadas polo Miño, pero unidos por unha barca que ía e viña cargada de xente e de mercadorías.

De feito, fronte á localidade portuguesa naceu a vila da Barca de Goián, destruída nas guerras entre os deus países no século XVII. Foron precisamente esas guerras as que provocaron un illamento que durou practicamente ata os nosos días.

Pero ese illamento xa é pasado. Galegos e portugueses volven ser máis irmáns que nunca. Primeiro foi a chegada da UE e logo a supresión das fronteiras e a construción de grandes pontes. Agora son os pequenos proxectos, eses que están feitos para o desfrute da xente.

Por iso, Tomiño e Cerveira quere volver estar unidas como estaban na época medieval, e o farán a través dunha ponte peonil e ciclista que tentará unir as dúas localidades en 2018.

O obxectivo é que os veciños dunha e doutra beira poidan desfrutar dos seus grandes espazos verdes; o parque do Castelinho, do ladoportugués, e o parque da Fortaleza, do lado galego.

Os dous concellos levaban a darlle voltas a este proxecto desde o 2015 e, agora, a boa relación que manteñen no marco da cooperación transfronteiriza entre o Norte de Portugal e Galicia, fixo o resto. Tamen axuda que no goberno da Deputación de Pontevedra estea o concelleiro tomiñés (e ademais de Goián) Uxío Benítez como deputado de Cooperación Transfronteiriza.

Concurso internacional de ideas

A imaxe da nova ponte peonil transfronteiriza  coñecerase a próxima primavera. Segundo anunciou Benítez, a Deputación de Pontevedra vén de aprobar as bases do concurso internacional de ideas. Os aspirantes deben demostrar un amplo grao de coñecemento e unha traxectoria profesional destacada no ámbito do deseño estrutural e desenvolvemento de pontes ou pasarelas singulares, tendo realizado nos últimos 15 anos deseños e proxectos e direccións de obra de alomenos dous viadutos cun van superior a 75 metros.

Autoridades de Vilanova de Cerveira e de Tomiño, entre elas a alcaldesa Sandra González e Uxío Benítez, durante a presentación da ponte peonil sobre o río Miño
Autoridades de Vilanova de Cerveira e de Tomiño, entre elas a alcaldesa Sandra González e Uxío Benítez, durante a presentación da ponte peonil sobre o río Miño / tomino.gal

Os obxectivos da actuación no parque transfronteirizo son promover a mobilidade suave e o reparto de equipamentos, contribuír na estruturación dunha rede de corredores verdes a nivel transfronteirizo, constituír unha porta de entrada na rede de vías verdes a través da estación de tren de Vila Nova e crear un espazo integrado para a promoción de iniciativas conxuntas de animación cultural, sensibilización sobre a protección da biodiversidade e a difusión do coñecemento sobre o Miño, todo isto coa vista posta na proxección internacional da marca Río Miño a través da posta en valor dos seus recursos endóxenos e económicos para atraer visitantes.

A iniciativa está encadrada nunha das actividades do proxecto VISIT_RIO_MINHO presentado á primeira convocatoria do Programa Operativo España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 Interreg V-A nunha candidatura conxunta da Deputación de Pontevedra coa CIM Alto Minho, os concellos do norte de Portugal, a Fundación CEER, o Centro Tecnolçóxico do Mar e a Univesidade de Vigo. Este proxecto obtivo un cofinanciamento do 75% de fondos FEDER.

ÚLTIMAS

(Vídeo) Dioivo rompe o escenario no seu novo videoclip: o metal galego en todo o seu esplendor

O dúo vigués de metal en galego Dioivo acaba de lanzar un novo videoclip para o seu...

‘A Homenaxe’ achegará a música do gaiteiro Julio Vázquez Carril e o baile tradicional de Oliva López López a Vigo

O Grupo Etnográfico A Buxaina de Coruxo celebrará, o próximo sábado 23 de marzo,...

A Xunta pide ao Concello de Vigo “axilizar ao máximo” o seu informe sobre a PXOM

A Xunta de Galicia pediu ao Concello de Vigo que "emende os erros detectados"...

O Goberno traslada “tranquilidade” polo crime da maleta que, por agora, non se considera violencia de xénero

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, trasladou este luns unha "mensaxe de tranquilidade" sobre...