InicioSociedadeInvestigadores da UVigo analizarán a contaminación de orixe humana na Antártida

Investigadores da UVigo analizarán a contaminación de orixe humana na Antártida

Súmanse a un equipo científico do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) que xa partiu cara a zona.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Investigadores da Universidade de Vigo participan na expedición Antom-II, que partiu nas últimas horas do porto arxentino de Ushuaia con rumbo á Antártida, co obxectivo de estudar o impacto da contaminación de orixe humana nese territorio.

Así, a docente e investigadora Cristina Sobrino, do departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal, e os técnicos Antonio Fuentes Lema e Paulo Alcaraz Rocha, do Centro de Investigación Mariña (CIM), súmanse a outros científicos de diversos organismos do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) nesta expedición. No caso de Sobrino, a súa cooperación farase desde terra, mentres que Fuentes e Alcaraz traballarán a bordo.

Desde o buque oceanográfico ‘Hespérides’, os investigadores tomarán mostras de auga e aire no océano austral para analizar a contaminación antropogénica e o seu impacto nos ecosistemas antárticos.

Segundo explicou Cristina Sobrino, o proxecto Antom (cuxos primeiros estudos se fixeron nunha campaña o ano pasado) pretende analizar o efecto de contaminantes emerxentes e compostos orgánicos semivolátiles sobre o medio e os organismos mariños, especialmente sobre organismos microscópicos, como o fitoplancto e o bacterioplancton.

“Estes resultados son altamente importantes xa que o fitoplancto, a pesar do seu pequeno tamaño, constitúe a base da cadea trófica mariña e forma parte activa do ciclo global do carbono, captando CO2 atmosférico e contribuíndo con isto á regulación do clima no planeta”, detallou a investigadora da UVigo.

A expedición navegará ata o mar de Bellinghausen, na Antártida, onde os científicos traballarán durante un mes para analizar os efectos da materia orgánica de orixe humana nas comunidades microbianas e avaliar a capacidade que teñen as bacterias para degradar estes contaminantes, como sinalou o coordinador do proxecto e investigador do CSIC, Jordi Dachs.

Do mesmo xeito que xa ocorreu na anterior campaña, esta expedición estará marcada polas medidas Covid, xa que os requisitos médicos son máis estritos debido á singularidade, perigo e distancia da zona de estudo. Segundo explicou Cristina Sobrino, todos os membros da expedición tiveron que superar unha esixente revisión médica, ademais de ter que contar coa pauta completa de vacinación contra a Covid. Outra das medidas que tiveron que adoptar foi unha corentena previa ao embarque en Ushuaia.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...