InicioSociedadeNace Emerxia, unha canle de comunicación para informar de incidencias ao Concello...

Nace Emerxia, unha canle de comunicación para informar de incidencias ao Concello de Cangas

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Cangas xa dispón de “Emerxia”, unha canle directa de comunicación entre veciños e concello mediante a que reportar e tratar as incidencias e suxestións do día a día.

Este servizo, que están a probar dende a concellaría de Obras e Servizos durante o mes de agosto cara a súa implantación definitiva no caso de ser efectiva e eficiente, permite aos veciños ou visitantes suxerir ou reportar calquera incidencia coa que se atope no seu día a día aportando unha fotografía, datos e localización automática.

Dende o teléfono móbil calquer cidadán pode conectarse e remitir as suxestións ou incidencias e urxencias que desexa mediante unha fotografía que se remite ao servizo correspondente xunto cos datos e a localización, para que os servizos municipais poidan xestionala no menor prazo de tempo posible segundo sexa esta incidencia.

Por exemplo, no caso de detectar unha fuga por averia de auga nunha rúa ou camiño, sacar unha foto co móbil, conectarse á plataforma e remitir a fotografía, esta foto xunto coa localización do punto envíase automaticamente ao servizo correspondente para enviar o persoal de garda que repare esta incidencia.

A cidadanía tamén recibirá no seu móbil o estado no que se atopa esta incidencia, en trámite, pendente ou resolta. Indicar que debe ter un uso responsable e que as incidencias tramítanse por orde de urxencia.

Para acceder a este servizo basta con conectarse á páxina web municipal e seleccionar a icona “Informar de incidencia” ou directamente neste enlace.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...