InicioSociedadeGalicia bate o seu récord de contaxios covid, mentres que descenden en...

Galicia bate o seu récord de contaxios covid, mentres que descenden en Vigo

Os contaxios na área viguesa seguen sendo moi altos pero menos que no mércores.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia superou nas últimas horas a súa marca de contaxios diarios de Covid, ao detectarse 2.263 casos novos, unha cifra inédita desde o inicio da pandemia, aínda que a presión hospitalaria contense, cunha lixeira subida de pacientes en UCI, e un leve descenso de ingresados en camas convencionais.

Segundo os datos feitos públicos este xoves pola Consellería de Sannidade (con información recollida ata as 18,00 horas deste mércores) nas últimas horas detectáronse en Galicia 2.263 casos positivos de Covid, o que eleva a cifra total de persoas coa enfermidade activa a 18.664 casos.

Estas cifras de contaxios supera os picos alcanzados en xaneiro deste ano, Os novos contaxios incrementáronse en todas as áreas sanitarias, salvo a de Vigo que, no entanto, segue tendo o maior número de casos novos detectados. Así, na área olívica, os contaxios novos das últimas horas ascenden a 532 e o número de casos activos sitúase en 5.936 (230 máis que hai un día).

PRESIÓN HOSPITALARIA

Con respecto á presión hospitalaria, na xornada deste xoves Sanidade informou de que hai 273 persoas ingresadas, 50 delas en Unidades de Coidados Intensivos (catro máis que hai un día) e 223 en camas convencionais (cinco menos).

Por áreas, a de Vigo mantén o maior número de enfermos graves, con 16 persoas ingresadas en UCI, e ten 65 pacientes en ‘planta’ (6 menos).

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...