InicioSociedadeOs hospitais de Vigo rexistran sete das últimas oito mortes por covid-19...

Os hospitais de Vigo rexistran sete das últimas oito mortes por covid-19 en Galicia

As vítimas da pandemia en Galicia elévanse a 2.730.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os falecementos de oito persoas que tiveron lugar entre este sábado e este luns, cando foron notificados pola Consellería de Sanidade, elevaron as vítimas da pandemia en Galicia a 2.730.

En concreto, todas estas persoas, cuxas idades estaban comprendidas entre os 77 e os 89 anos, presentaban patoloxías previas.

Ademais das mortes comunicadas durante esta fin de semana, este sábado faleceron dous homes de 60 e 89 anos no Hospital Povisa de Vigo.

Mentres, este domingo faleceron dous homes de 79 e 81 anos e unha muller de 87 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi).

Ese mesmo día tamén se produciu o falecenento dunha muller de 88 anos no Hospital Povisa de Vigo e dun home de 77 anos no seu domicilio de Sanxenxo.

Adicionalmente, Sanidade comunicou o deceso dun home de 85 anos no Chuvi que tivo lugar este luns.

ÚLTIMAS

Investigan un novo asasinato machista dunha muller en Mos

A Garda Civil investiga como un posible caso de violencia de xénero a morte...

Traballadores de GKN saen á rúa para denunciar o ERE “inxustificado” que pretende impulsar a compañía

Centos de traballadores da auxiliar automobilística GKN manifestáronse este domingo en rexeitamento do expediente...

O proxecto ‘Vigo Social Televisión’ seleccionado entre os 35 “máis innovadores para mellorar a vida” dos maiores

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou que o Ministerio de Dereitos Sociais seleccionou...

O vigués Martín de la puente cae na final de tenis en cadeira do Aberto de Australia

O tenista vigués Martín da Ponte caeu este sábado na final de tenis en...