InicioEconomíaMáis dun millón de euros do Goberno central para Oia e convertela...

Máis dun millón de euros do Goberno central para Oia e convertela en destino familiar

José Miñones subliña que se contribuirá a tecer un sector turístico "máis desestacionalizado, eficiente e resiliente", ademais de favorecer a fixación de poboación no Concello de Oia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O delegado do Goberno, José Miñones, visitou este xoves o municipio de Oia  con motivo do investimento do Ministerio de Industria de 1,5 millóns de euros para impulsar a este municipio como destino familiar.

Este é un do sete plans que subvencionará o Goberno central en Galicia no marco do Plan Nacional Turístico Xacobeo, que financia o Plan de Recuperación. En concreto, dedícase case un millón de euros á rehabilitación do cámping de Mougás, coa recuperación de terreo degradado.

Ademais, destínase máis de medio millón a fomentar Oia como destino ‘slow’, de natureza e familiar en Rías Baixas e no Camiño, con actuacións de promoción e de información baseadas no concepto dixital. Así mesmo, adecuaranse rutas de sendeirismo, fomentaranse accións de mobilidade sustentable e apoiarase a pemes turísticas do municipio.

Respecto diso, Miñones subliña que se contribuirá a tecer un sector turístico “máis desestacionalizado, eficiente e resiliente”, ademais de favorecer a fixación de poboación no Concello de Oia. Paralelamente, o delegado indicou que o Executivo destinou 71,6 millóns no último mes para o Xacobeo e o turismo en Galicia.

ÚLTIMAS

Identificado o cadáver achado nunha casa okupada de Vigo: era un home de 33 anos

A Policía Nacional identificou o cadáver achado na tarde deste pasado mércores nunha casa...

Detido en Vigo un fuxitivo reclamado por Venezuela por estafar máis de 600.000 euros

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a un home que tiña en vigor...

A Policía investiga o achado dun cadáver en estado de descomposición nunha casa okupada de Vigo

A Policía Nacional investiga o achado do cadáver dun home en estado de descomposición,...

O PP propón un bono mensual de 20 euros para o bus de Vigo ante a subida do billete ordinario

O grupo municipal do PP de Vigo propuxo a implantación dun bono mensual de...