InicioSucesosVisto para sentenza o xuízo por suposta agresión sexual na Guarda

Visto para sentenza o xuízo por suposta agresión sexual na Guarda

A denunciante, que tiña 13 anos no momento no que se produciron os feitos, declarou a porta pechada.

PUBLICADO O

A sección cuarta da Audiencia de Pontevedra ha deixo visto para sentenza un xuízo polos delitos de agresión sexual e lesións. A Fiscalía solicita oito anos de prisión para o porteiro dun pub acusado de agredir sexualmente a unha menor no interior do local, mentres que o acusado defende a súa inocencia e nega os feitos.

Segundo o relato do acusado, en xullo de 2018, cando el tiña 22 anos, tres mozas que coñecía “de velas polo pobo” pedíronlle que as levase en coche ata A Guarda, viaxando todos eles no vehículo dun amigo. Ao chegar ao seu destino o mozo despediuse delas e foise a traballar a un local de copas.

Sobre a unha e media da madrugada o dono do local pediulle que expulsase do establecemento a tres menores de idade que “estaban a beber cubalibres e fumando” no piso superior do pub. Ao atoparse con estas menores, segundo explicou o acusado, descubriu que eran as mozas que levaran no coche e díxolles que se marchasen. Ao chegar á escaleira, a denunciante “ao baixar o último chanzo escorregou e caeu”, as lesións que presentan os informes periciais son compatibles con esta caída.

O acusado afirmou que “hora e pico máis tarde”, para a súa “sorpresa”, “apareceu alí a Garda Civil”, xunto ao pai da moza “dicindo que lle tocou o cu”. Este home asegurou ante en tribunal que “nunca” a chegou “a tocar” e que “xamais” a piropeó nin tentou bicala. “Xamais se me pasaría pola cabeza”, afirmou.

Preguntado polo fiscal sobre o motivo da denuncia da menor, o porteiro dixo que cando expulsou ás mozas do pub a denunciante díxolle que se ía a “arrepentir de botalas”, polo que el interpreta que se trata de “unha vinganza”. “Non mo explico”, engadiu. A denunciante, que tiña 13 anos no momento no que se produciron os feitos, declarou a porta pechada.

FISCAL MANTÉN ACUSACIÓN

O fiscal entende que co seu testemuño quedaron “suficientemente acreditados” os “tocamentos” con “ánimo libidinoso” polos que acusa a este home. Tamén pediu a dedución do testemuño das dúas amigas da acusada, únicas testemuñas da suposta agresión e que na vista aseguraron ante o tribunal non lembrar nada.

O representante do Ministerio Público entende que estas mozas “sufriron presión” e apunta a “posible comisión dun delito de falso testemuño”. O avogado da defensa pediu a libre absolución do seu cliente porque “non resulta acreditada” a acusación e remarcou que nin as súas propias amigas e únicas testemuñas a apoian.

Ademais destacou que na declaración da denunciante houbo “incongruencias graves, severas e importantes”, chegando a modificar a súa versión inicial dos feitos. Así, sostivo o avogado, na vista deste xoves dixo que non coñecía ao porteiro e “referiu feridas que non existiron” ao apuntar que o acusado lle mordeu nun peito e introduciulle os seus dedos na vagina, unha agresiónde a que non informara con anterioridade.

A DEFENSA ADVIRTE FALTA DE “VEROSIMILITUDE”

Este letrado sostivo que este relato “carece de verosimilitude”, non está acreditado por parte médico algún e insistiu no “móbil espurio” da denunciante, fundamentado en “a vinganza e o resentimento” por botala do local de copas, algo que entende como “froito da inmadurez”.

Pola súa banda, o fiscal mantivo a súa imputación ao acusado un delito de agresión sexual a unha menor e, ademais da pena de prisión, reclama que se lle impoñan oito anos de liberdade vixiada tras a súa saída do cárcere. Durante ese período, debería comunicar cada cambio de lugar de residencia ou posto de traballo, non podería aproximarse á vítima nin comunicarse con ela e tería que participar de maneira obrigatoria en programas de reeducación sexual.

A iso, a Fiscalía suma unha indemnización de 1.000 euros á vítima polas lesións sufridas e o dano moral que lle provocou este episodio e o pago dunha multa de 360 euros, a razón de seis euros de cota diaria.

ÚLTIMAS

Condenados a 5 e 4 anos de cárcere os dous acusados de dar unha malleira a dous mozos na rúa Hernán Cortés de Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou aos...

Deteñen en Vigo un home por agredir ao seu fillo de 13 anos cun cinto e unha botella de plástico

Un home, P.A.V.S. de 43 anos de idade, foi detido na tarde deste pasado...

Os traballadores de Vitrasa protestan durante o acto da Constitución e Caballero sae escoltado por Policía Nacional

Os traballadores de Vitrasa, concesionaria do bus urbano de Vigo, trasladaron este martes as...

Máis de mil vigueses xa teñen representación no caso do Cártel dos Coches con 40.000 afectados en Galicia

A oficina de Vigo do despacho BGI LAW representa xa a máis de 1.000...