InicioSociedadePiden 13,5 anos de cárcere para cada un dos implicados no narcosubmarino...

Piden 13,5 anos de cárcere para cada un dos implicados no narcosubmarino de Aldán

Os procesados serán xulgados na Audiencia de Pontevedra entre os días 13 e 17 de decembro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía pide penas de 13 anos e medio de cárcere para cada un dos sete acusados por un delito contra a saúde pública, vinculados ao cargamento de máis de 3 toneladas de cocaína que foron transportadas nun narcosubmarino que se afundiu na ría de Aldán, en Cangas en novembro de 2019.

Segundo trasladaron a Europa Press fontes coñecedoras do procedemento, o ministerio público acusa os 7 implicados dun delito contra a saúde pública agravado por tratarse dunha cantidade de notoria importancia e que causa grave dano á saúde, polo uso dunha embarcación e por cometerse no seo dunha organización internacional.

Por estes feitos, pide que cada un dos acusados sexa condenado a 13 anos e 6 meses de cárcere, e ao pago de dúas multas de 300 millóns de euros. Os procesados serán xulgados na Audiencia de Pontevedra entre os días 13 e 17 de decembro.

NARCOSUBMARINO

A Garda Civil, Policía Nacional e Axencia Tributaria puxeron en marcha o 21 de novembro de 2019 un operativo de vixilancia tras recibir unha alerta do Centro de Análise e Operacións Marítimas en materia de Narcotráfico, con sede en Lisboa, sobre a presenza dun semisomerxible navegando polo Atlántico en dirección ás costas galegas.

Segundo os investigadores, a intención dos tres tripulantes do ‘narcosubmarino’ era transvasar a droga a outra embarcación que a trasladaría a terra, pero o mal tempo, unido ao feito de que se viron sorprendidos polo operativo policial, obrigou os ocupantes do batiscafo a afundir a nave á entrada da ría de Aldán e tratar de fuxir.

Nese momento foron detidos dous dos tripulantes, de nacionalidade ecuatoriana (os únicos estranxeiros) e, días despois, o terceiro tripulante. Posteriormente, as investigacións levaron á detención doutras catro persoas supostamente vinculadas con este alixo.

ÚLTIMAS

O francés Adrien Loron e a chilena Fernanda Gildemeister, vencedores do MTB Downtown no Marisquiño

Marisquiño 2026 proclamou este domingo os gañadores de todas as competicións da súa XXVI...

O Marisquiño chega o seu final cun domingo decisivo para os títulos deportivos e o concerto de L0rna

A 26ª edición do festival de deportes e música urbana O Marisquiño chega ao...

Recuperar Vigo para a cidadanía

Hai cidades que avanzan porque son capaces de aproveitar o talento colectivo da súa...

Deteñen en Vigo unha muller tras agredir á súa parella

A Policía Local de Vigo detivo o pasado mércores a unha muller por supostamente...