InicioSociedadeO Centro Galego de Bos Aires, unha institución centenaria en perigo pola...

O Centro Galego de Bos Aires, unha institución centenaria en perigo pola “especulación inmobilaria”

Unha institución de referencia para a emigración galega corre o risco de desaparecer.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O premio Nobel da Paz en 1980 Adolfo Pérez Esquivel vén de apoiar este mércores a loita dos socios e traballadores do Centro Galego de Bos Aires, en proceso de desmantelamento desde fai anos. Unha intervención xudicial planea levalo á quebra ou vendelo, aínda sendo a institución de referencia da emigración galega no exterior.

Nun encontro organizado polas autoridades da Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina (FAGRA) e no que estiveron presentes históricos socios como Ángela Calvo e traballadores da entidade, Pérez Esquivel adheriuse ao ‘Manifesto pola defensa e o porvir do Centro Galego de Bos Aires’, que reclama “vontade política para preservar e garantir a atención médica de calidade aos socios e socias”, así como a “protección do patrimonio artístico, documental, bibliográfico, editorial, etc.” para que se consensúe “unha solución que impida a demolición e especulación inmobiliaria dun predio que debe seguir como un referente de Galicia en Bos Aires”.

“Desde xa conten coa miña firma e apoio á petición para salvar ao Centro Galego, unha institución ao servizo da saúde, a sociedade e de todos os galegos e galegas“, explicou o premio Nobel, quen ademais recordou que o seu pai, un mariñeiro natural da localidade pontevedresa de Combarro que emigrou a Arxentina, foi un dos socios fundadores da centenaria entidade.

O activista arxentino sinalou que é necesario “desarmar as roscas internas e intereses económicos” que hai detrás da situación do Centro Galego, que acumula salarios atrasados e impagos desde o último trimestre do 2017 aos seus traballadores e un importantísimo deterioro na atención sanitaria aos socios.

o manifesto xa foi asinado por freixanes, méndez ferrín ou manuel rivas

Neste sentido, Pérez Esquivel ofreceuse tamén a escribir unha carta ao actual presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez, e invitou aos socios a realizar accións conxuntas no futuro para “salvar” a esta centenaria casa da galeguidade e lograr que volva ser a referencia sanitaria, social e cultural que foi.

O manifesto, redactado o pasado 29 de xaneiro coincidindo co 132 aniversario do natalicio de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, insta á Xunta de Galicia e ao Goberno español a impulsar “actuacións concretas ante o Goberno arxentino encamiñadas a solucionar definitivamente o gravísimo problema polo que atravesa a centenaria institución”.

A petición, con gran difusión nacional e internacional, xa foi asinado por outras autoridades do mundo da política e a cultura, como o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, os escritores Xosé Luís Méndez Ferrín ou Manuel Rivas, o secretario xeral do Partido Galeguista, Francisco López “Chesqui”, ou o presidente e a secretaria da FAGRA, Diego Martínez Duro e Lorena Lores Doural, entre moitos outros.

ÚLTIMAS

Concentración en homenaxe a Maricarmen e contra a “especulación” que “forzou a súa morte” en Vigo

A Alianza pola Vivenda de Vigo, plataforma integrada por varios colectivos sociais, convocou para...

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...