InicioSociedadeUnha paciente é condenada a 6 seis meses de cárcere por agredir...

Unha paciente é condenada a 6 seis meses de cárcere por agredir a unha enfermeira

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asesoría Xurídica do Sindicato de Enfermaría de Galicia (SATSE) conseguiu a condena dunha paciente dun Centro de Saúde, por un delito de Atentado, á pena de 6 meses de prisión e inhabilitación para o dereito de sufraxio pasivo (pena accesoria á principal que supón a prohibición de exercer o voto electoral durante ese tempo de condena), por agredir a unha enfermeira cando esta atopábase no seu posto de traballo.

Esta condena non sería posible fai uns anos, “cando a denunciada tan só sería condenada por un delito ou falta de lesións segundo a gravidade das mesmas; moitas veces a pena reducíase a unha simple multa”, explica a Secretaria Xeral de SATSE en Galicia, Carmen García Rivas.

as enfermeiras, autoridade sanitaria

“Tras diversas presións exercidas por diversas entidades e moi particularmente desde este Sindicato de Enfermería, conseguiuse cambiar o Código Penal, cunha reforma no art.550, que recoñece aos profesionais sanitarios, entre os que se encadran as enfermeiras, como Autoridade Sanitaria”, relata.

Xa que logo, a situación cambiou radicalmente, posto que deste xeito os feitos acreditados como agresións sempre serán constitutivos de delito e castigados con pena de cárcere con independencia do resultado ou maior ou menor gravidade das lesións inferidas ao Empregado público polo usuario do servizo público.

Precisamente é o que ocorreu nesta sentenza gañada por SATSE, aínda que a agresión da paciente cara á Enfermeira “non é de especial entidade, pois non despregou unha forza intensa e non lle causou lesión ou quebrantamento físico, aínda que si psíquico do que tardou 7 días en curar”, defenden.

Polo tanto, esta persoa foi condenada a 6 meses de cárcere (que en principio non terá que cumprir por carecer de antecedentes penais), así como ao pago das costas procesais do xuízo, incluídas as da acusación particular exercida por SATSE.

“Esperemos que actúe como freo e con carácter disuasorio na produción de ataques deste tipo por parte dos usuarios dos Servizos de Saúde cara aos profesionais que exercen as súas funcións”, engade Carmen García Rivas.

SATSE presentou un proxecto de lei contra as agresións a enfermeiras e profesionais da sanidade, posto que “o 80% das enfermeiras recoñecen sufrir algún tipo de agresión física ou verbal no seu posto de traballo”.

ÚLTIMAS

Prisión provisional para a muller detida polo homicidio dun home sen fogar na antiga estación de autobuses de Vigo

A muller detida como presunta autora da morte dun home acoitelado na tarde do...

Caballero, ao coñecer que León impartirá Medicina en 2026: “A Vigo, a Xunta négalle unha facultade. É un escándalo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou de novo contra a Xunta de Galicia...

Caballero acusa a Rueda e o PPdeG de deixar a Vigo sen Facultade de Medicina: “É unha pésima noticia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou este venres como unha "noticia pésima"...

A Xunta e o Porto de Vigo dan por finalizada a limpeza da vertedura de aceite de palma na ría

Tras unha semana de traballos de retirada e contención, a Xunta e o Porto...