InicioSociedadeA Xunta adxudica 33 vivendas de promoción pública en Vigo e urxe...

A Xunta adxudica 33 vivendas de promoción pública en Vigo e urxe ao Concello a autorizar a primeira ocupación

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta sorteou entre os seus adxudicatarios 33 vivendas de promoción pública cuxa construción impulsou na rúa Ignacio Grobas de Vigo e criticou que o Concello “aínda non concedese a licenza de primeira ocupación” a pesar de que “se solicitou hai meses”, polo que urxiu a que a axilice dado que “impide a súa entrega”.

A delegada territorial do Goberno galego en Vigo, Marta Fernández-Tapias, o xefe provincial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, José Manuel González, e a xefa de área do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), María Martínez Allegue, asistiron este mércores ao sorteo de asignación, celebrado na cidade ante notario.

Posteriormente, o IGVS trasladará a cada adxudicatario a vivenda que lle corresponde –cada unha inclúe unha praza de garaxe e un trasteiro–, as condicións, o prezo da mesma e os trámites que debe realizar. Ante esta situación, Fernández-Tapias urxiu ao Concello a axilizar a concesión da licenza de primeira ocupación, que foi solicitada polo Goberno galego “fai seis meses”.

O Executivo autonómico destinou 3,4 millóns de euros á construción destas vivendas, das que catro contan con outros tantos dormitorios, 27, con tres; e os dous restantes, con dous. Ademais, tres delas están adaptadas para persoas con mobilidade reducida e tívose en conta o número de membros da unidade familiar para adxudicalas de acordo co seu tamaño.

ÚLTIMAS

( Vídeo) Un guerreiro celta que empequeneceu ao Barça

O multiinstrumentalista galego, Abraham Cuperio, actuou este sábado na previa do RC Celta -...

Vigo ‘pecha’ o seu Nadal ante a alerta laranxa por temporal

Ante a alerta da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior sobre fenómeno meteorolóxico adverso...

O conservatorio de Gondomar levará o nome de Conchita Quintas

Así o anunciou o alcalde Paco Ferreira durante o concerto de Santa Icía deste...

A Xunta dota de docente á unidade de Saúde Mental infanto-xuvenil do Cunqueiro

A Xunta dotou á nova unidade de hospitalización de Saúde Mental infanto-xuvenil do Álvaro...