InicioSociedadeA situación da pandemia é case igual que hai un ano

A situación da pandemia é case igual que hai un ano

Seguen aumentando os casos e as hospitalizacións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia alcanza os 3.231 casos activos de Covid-19, que supoñen máis de 1.390 máis que hai unha semana, tras dispararse os novos contaxios a 412, que implican 45 máis que o día pasado; mentres que os pacientes hospitalizados por este coronavorus mantéñense en 58 –nove deles en ICI– e a taxa de positividade segue nun 5,8%.

Segundo os datos publicados na mañá deste xoves pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste mércores, a área sanitaria de Vigo segue sen pacientes Covid en UCI e conta con sete noutras unidades –dous máis–.

REPUNTAN OS CASOS ACTIVOS

En canto aos casos activos de Covid-19 superan a barreira dos 3.000 para situarse en 3.231, cando hai unha semana atopábanse en 1.837, o que implica un aumento de 1.394 en sete días, o que supón un novo ascenso por décimo quinta xornada consecutiva. Por tanto, hai 314 máis que a xornada anterior, ao haber máis contaxios (412) que altas (97), ao que se suma unha nova vítima mortal. Vigo rexistra 64 casos activos e suma xa 636.

MÁIS DE 400 CONTAXIOS

Pola súa banda, os novos contaxios de Covid-19 disparáronse por encima dos 400 ata os 412, que representan 45 máis que os 367 da xornada pasada e 154 máis que fai sete días, tras arrincar esta semana con 244. Por tanto, continúa a tendencia iniciada o xoves 24 de xuño, cos contaxios por encima do centenar. Deles, 77 son da área de Vigo.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...