InicioSociedadeA Xunta advirte de que o novo PXOM de Vigo impide construír...

A Xunta advirte de que o novo PXOM de Vigo impide construír o centro interxeracional na antiga estación de bus

A conselleira de Política Social sinala que o Concello prevé unha zona verde e a cidade pode perder unha "oportunidade histórica".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia alertou este mércores da posibilidade de que Vigo poida “perder” a oportunidade de ter un centro interxeracional “de referencia”, con prazas de centro de día, de escola infantil, e espazo para mozos e entidades sociais, se o goberno local mantén a súa intención de modificar os usos do ámbito onde se sitúa a estación de autobuses da Avenida de Madrid.

Así o trasladou a conselleira de Política Social, Fabiola García, durante unha visita a Vigo, na que lembrou que a Xunta de Galicia prevé facer unha reforma integral na terminal de buses cando este servizo se traslade ao complexo intermodal de Urzáiz.

Dese modo, as instalacións da Avenida de Madrid destinaríanse a crear un centro interxeracional, con 80 prazas de Centro de Día, 81 prazas de escola infantil, un espazo para mozos con locais de ensaio, área socio-cultural e oficinas de servizos sociais.

“Pero por desgraza, o Concello no novo PXOM prevé que todo iso sexa zona verde. Se isto prospera, Vigo perdería o potencial que pode ter esa estación. Dáme moita mágoa que este concello poida perder unha oportunidade histórica”, lamentou Fabiola García.

Segundo indicou, Política Social dirixiuse ao Concello en novembro pasado para alegar ao Plan Xeral e “que ese espazo non perda o carácter de equipamento público”, aínda que “medio ano despois non hai resposta”. “É momento de deixar ao carón as diferenzas políticas (…), sería malo para Vigo renunciar a todo isto, por iso pídolle ao alcalde e ao goberno local que reconsideren a súa decisión”, reclamou.

ÚLTIMAS

PP e BNG emendan a ordenanza das Zonas de Baixas Emisións de Vigo: uns piden atrasar multas e outros devolver o texto

Os grupos municipais da oposición no Concello de Vigo presentaron as súas emendas ao...

Tres detidos por abandonar a un home ferido nunha cuneta en Moaña

A Policía Nacional detivo nas últimas horas a tres persoas supostamente relacionadas coa aparición...

Un SMS falso acaba nunha estafa de 140.000 euros. Así é a estafa intervida pola Garda Civil no Porriño

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da...

O persoal do lixo de Vigo convoca folga indefinida a partir do 24 de maio

O comité de persoal de FCC (CIG, CC.OO. e USO), concesionaria do servizo de...