InicioSociedadeAbel Caballero acusa á Xunta de levar un ano e dous meses...

Abel Caballero acusa á Xunta de levar un ano e dous meses de atrasos na nova potabilizadora

O rexedor cualifica a situación como unha "neglixencia total en contra da cidade".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou este mércores a “obstrución” da Xunta á construción dunha nova potabilizadora na cidade, ao atrasar a emisión dun informe preceptivo de Sanidade durante máis dun ano.

Así o trasladou o rexedor nunha rolda de prensa na que explicou que o Concello de Vigo solicitou ese informe por primeira vez en marzo do ano 2020. Desde entón e ata marzo deste ano, apuntou, a administración autonómica requiriu ao Concello ata tres veces para pedir documentación adicional con respecto ao proxecto.

Segundo explicou, os responsables municipais fixeron o último envío de documentación o 18 de marzo deste ano sen que a Xunta, ata agora, dese resposta. “Un ano e dous meses de atraso para un informe que debían emitir en dous meses”, subliñou Abel Caballero, que cualificado a situación como unha “neglixencia total en contra da cidade”.

“A Xunta fai obstrución porque quere que Vigo quede sen auga”, proclamou o alcalde, á vez que apuntou a Feijóo como responsable de dar esta “instrución”. Finalmente, lembrou que a construción dunha potabilizadora na cidade é unha obra de interese supramunicipal, xa que Vigo, “na súa xenerosidade”, fornece auga potable a Cangas, Moaña, unha parte de Redondela “e algún outro municipio”.

A pesar diso, criticou, a Xunta non quere achegar “nin un céntimo” para cofinanciar esta infraestrutura hidráulica, e lembrou que, a pesar de que o goberno galego así o suxeriu, o Concello non pode solicitar fondos da UE para esta obra porque “Europa non financia potabilizadoras”.

ÚLTIMAS

As patronais do metal plantan a negociación en Pontevedra ante unha protesta sindical en Vigo

As patronais do sector do metal (Asime, Atra e Instalectra) decidiron non acudir á...

Un cargueiro á deriva fronte a Portugal é remolcado a Vigo tras quedar sen temón

O cargueiro Xeral Eikborg, de bandeira neerlandesa, está a ser remolcado este venres ata...

O Porto de Vigo retira os terreos do antigo Vulcano a Estaleiros San Enrique tras caducar a súa concesión

O consello de administración da Autoridade Portuaria de Vigo resolveu por unanimidade o expediente...

Mos ameaza con ir aos tribunais polo abandono da A-55 e da N-550

A xunta de goberno local de Mos aprobou este venres a formulación dun requirimento...