InicioSociedadeImportante descenso de casos covid na área de Vigo

Importante descenso de casos covid na área de Vigo

Hai menos casos activos e menos novos contaxiados. Tamén descenden o número de hospitalizados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia arrinca a última semana con estado de alarma en vigor debido á pandemia pola Covid-19 cun descenso dos novos contaxios a 103 e de casos activos ata os 3.030, mentres que os pacientes hospitalizados mantéñense en 214. Con todo, realizáronse 2.000 PCR menos que o día anterior.

Segundo os datos actualizados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste domingo, baixan a 50 os pacientes Covid ingresados en UCI –un menos– e soben a 164 os que permanecen noutras unidades –un máis–, polo que seguen un total de 214 hospitalizados.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase nas da Coruña e Cee, Vigo, Ourense e Lugo. Así, na de Vigo seguen 12 en UCI e caen a 28 os doutras unidades –un menos–.

MENOS CASOS ACTIVOS

En canto aos casos activos, tras o lixeiro incremento deste domingo, volveron a descender e sitúanse en 3.030, o que supón 76 menos, ao rexistrar máis altas (179) que contaxios (103) e non haber falecidos. As infeccións activas redúcense en seis das sete áreas sanitaras, con Vigo á cabeza (-39). Con todo, continúa á cabeza con 906 casos activos.

MENOS CONTAXIOS

Galicia confirmou, en concreto, 86 positivos por PCR nas últimas 24 horas, fronte aos 146 do día anterior. Do total, 20 son da área de Vigo. Desde o inicio da pandemia Galicia levou a cabo 2.072.214 PCR, o que supón 6.418 probas máis que as contabilizadas ata o día anterior –unhas 2.000 menos que as feitas o día pasado–.

En canto á taxa de positividade –porcentaxe de infeccións por test PCR realizados– segue por baixo do dous por cento cun 1,6%, tras situarse nun 1,8% o día anterior. Deste xeito, continúa sen superar o 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada a pandemia.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...