InicioSociedadeSoben os casos de Covid na área de Vigo mentres baixan en...

Soben os casos de Covid na área de Vigo mentres baixan en Galicia

Ten máis casos activos e máis contaxios.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os datos da pandemia en Galicia este sábado mantéñense nos valores rexistrados na última semana, con lixeiros descensos tanto no número de novos contaxios detectados (191), como no total de persoas hospitalizadas (210, catro menos) e no global de casos activos (3.099, 14 menos); aínda que a nota negativa é que hai un paciente máis que na xornada anterior na UCI (50) e o número de vítimas mortais alcanza xa as 2.390.

Así se desprende da actualización dos parámetros da crise sanitaria publicados na páxina web do Sergas na mañá deste sábado con datos solicitados ata as 18,00 horas do venres, momento no que o total de hospitalizados con covid-19 ascendía a 210 (-4), repartidos entre a UCI –50, máis un– e as unidades convencionais –160, menos cinco–.

Por áreas sanitarias, Vigo é a segunda área sanitaria con máis hospitalizados, con 41 (-1), repartidos en 12 en UCI (+1) e 29 noutras unidades (sen cambios).

MÁIS CASOS ACTIVOS

En canto aos casos activos, Galicia mantén a baixada do número total experimentada o venres tras varias xornadas de ascenso paulatino. Así, este sábado son 14 menos os casos activos na comunidade, que se sitúan en 3.099.

Por áreas sanitarias, experimentan lixeiros repuntes as de Vigo (+6), Ferrol (+5), Lugo (+3) e Pontevedra (+3). De feito, continúa á cabeza con 939.

41 NOVOS CONTAXIOS

Pola súa banda, os novos contaxios detectados con calquera tipo de proba situáronse por baixo dos 200 tras dous días por encima dese valor.  A área que máis novos contaxios achegou nas últimas horas foi a de Vigo con 41 novos casos.

Todo iso nunha xornada cunha das taxas de positividade en probas PCR máis baixas desde finais do mes de xullo. O 1,1% (dato provisional) de positivos nos máis de 9.000 test PCR practicados mantén a Galicia moi por baixo do 5% que marca a OMS para dar por controlada a pandemia, un baremo que a Comunidade galega non supera desde medidados de febreiro.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- O gran showman de Vigo

Aos seus 77 anos en Vigo existe un showman ao cal, despois de varias...

OPINIÓN.- Non hai tempo para reformas mornas

Óscar Lomba Álvarez O mundo está a arder, e non é só a calor do...

Desaloxan a Cidade da Xustiza de Vigo tras saltar a alarma por unha persoa fumando nos baños

A Cidade da Xustiza de Vigo foi desaloxada tras saltar a alarma de incendios por unha...

Vigo “mostrou a súa forza” no concerto reivindicativo do AVE directo a Madrid, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballlero, asegurou este mércores que a cidade "mostrou a...