InicioSociedadeA área de Vigo ponse á cabeza de Galicia con máis de...

A área de Vigo ponse á cabeza de Galicia con máis de 900 casos activos

É tamén a que máis medra, tras rexistrar 71 novos contaxios nas últimas 24 horas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os novos contaxios de Covid-19 veñen de aumentar a 230 en Galicia e os pacientes hospitalizados debido a este coronavirus aumentaron a 211 –catro máis–, mentres que os casos activos manteñen a tendencia ascendente por terceira xornada consecutiva e soben a 3.122, ao haber de novo máis contaxios que altas.

Así se desprende dos datos actualizados na mañá deste xoves pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste mércores, que indican que soben a 47 os pacientes Covid en UCI –tres máis– e a 164 os que permanecen noutras unidades –uno máis–. O aumento reflíctese na área viguesa, xa que crece lixeiramente a presión hospitalaria con dez pacientes en UCI –un máis–e 33 noutras unidades –sen cambios–.

MÁIS CASOS ACTIVOS

Polo seu lado, os casos activos de Covid-19, despois do lixeiro descenso do inicio desta semana, seguen con tendencia ascendente por terceira xornada consecutiva e sitúanse nos 3.122, o que supón 74 máis que a xornada anterior, ao haber máis contaxios (230) que altas (155), aos que se suma outro falecido. En Vigo crecen ata 934, con 28 máis que onte, polo que se sitúa como a área con máis casos e tamén a que máis medra. Todo isto despois de rexistrar 71 positivos confirmados nas últimas 24 horas e unha morte.

ÚLTIMAS

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...