InicioSociedadeO MUVI de Cangas explora o papel dos videoxogos no ecoloxismo cunha...

O MUVI de Cangas explora o papel dos videoxogos no ecoloxismo cunha exposición

A mostra "pioneira" estará dispoñible no Salón do Libro de Pontevedra e en versión online.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O ecoloxismo para dotar de valor cultural aos videoxogos. A fundación Museo do Videoxogo de Galicia volve colaborar de xeito activo co Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, unha curiosa simbiose na que a conciencia verde terá un papel central tanto na divulgación interactiva como na tarefa de outorgar un novo nivel de recoñecemento aos videoxogos. 

Nesta ocasión, baixo a premisa da temática anual da cita, a Fundación explica que ten preparado un percorrido “imperdible” sobre a relación entre o videoxogo e a ecoloxía, da man dunha exposición con máis de dúas decenas de fitos que recollen “algúns dos momentos máis interesantes da industria en relación co medio natural, as enerxías renovables ou as problemáticas e solucións que a Terra ten por diante”.

Esta relación entre temáticas a priori tan diverxentes verase concretada nunha exposición que comprenderá obras, sistemas e información sobre todos estes elementos co obxectivo de “deixar patente como o videoxogo se relaciona coa realidade histórica e social de cada intre cronolóxico, abrindo cada vez máis portas no referido ás temáticas aos relatos e ao seu tratamento, nunha viaxe que vai, neste caso, desde o ano 1982 até o 2021″.

O pulo entre videoxogos e ecoloxismo chega nun momento particularmente delicado para o movemento verde en Galicia, que dende hai meses mantén unha guerra aberta coa Xunta de Galicia e o Goberno central pola implantación “desordenada” de enerxía eólica en territorio galego, unha “febre” que en certos casos podería chegar a ameazar mesmo espazos protexidos. Dende a organización subliñan que os que non se poidan desprazar á exposición sempre poderán visitala de xeito virtual nesta ligazón a partir do 1 de maio.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...