InicioSociedadeDetectados nove positivos de covid-19 nun cribado en Vigo e outros seis...

Detectados nove positivos de covid-19 nun cribado en Vigo e outros seis en Ponteareas

A participación en Vigo foi de tan só o 16,9 por cento, mentres que en Ponteareas ascendeu ao 42,4 por cento.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A área Sanitaria de Vigo detectou nove positivos de Covid-19 nun cribado cunhas 8.000 persoas citadas, das que acudiron o 16,9 por cento, mentres que en Meis (Pontevedra) resultaron tres contagios entre as probas realizadas.

Por unha banda, segundo informou a área de Vigo, foron citadas 8.000 persoas a realizarse PCR, das que acudiron 1.354, o que supón un 16,9 por cento de participación, de entre as que se diagnosticaron nove casos de Covid.

Dese total, puntualizan as mesmas fontes, no tramo de idade entre 16 e 30 anos convocáronse a 3.735 persoas das que acudiron 394, un 10,5%, de entre as que se obtiveron tres positivos.

Mentres, no cribado en Ponteareas, na mesma área sanitaria viguesa, convidouse a participar a 5.003 persoas, das que acudiron 2.124, que supoñen un 42,4% de participación, e detectáronse seis novos casos.

ÚLTIMAS

Falece un traballador en Mos tras caer desde altura na parroquia de Sanguiñeda

Un traballador faleceu este mércores no municipio pontevedrés de Mos tras precipitarse ao baleiro...

Vigo traslada a gala da Reconquista ao Auditorio Mar de Vigo para ampliar o aforamento

O Concello de Vigo ultima os preparativos para a gala da Reconquista, que se...

O Celta busca un talismán contra o Real Madrid; a camisola celeste que luciu Madonna no 1990

O Real Club Celta puxo en marcha unha rechamante iniciativa co fin de localizar...

Aqualia confirma metais pesados na auga da traída municipal da parroquia de Beade, en Vigo

A Xunta de Galicia notificou ao Concello de Vigo e á empresa concesionaria Aqualia...