InicioSociedadeAcepta pagar multas por 1.080 euros por enviar imaxes sexuais por redes...

Acepta pagar multas por 1.080 euros por enviar imaxes sexuais por redes sociais a un menor en Vigo

O menor de 13 anos fíxose pasar por unha moza de 16 nos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home acusado de dous delitos contra a liberdade sexual por enviar imaxes con contido pornográfico a un menor a través de redes sociais aceptou a condena imposta pola sala do Penal número 3 de Vigo, que foi de dúas multas que suman 1.080 euros.

Así se confirmou este martes na vista celebrada tras un acordo de conformidade entre as partes. A sentenza, que xa foi declarada firme, tamén recolle que o acusado deberá indemnizar en 1.500 euros ao menor por danos morais e, de feito, o home xa consignou tanto o importe da multa como a indemnización.

Segundo o escrito de acusación da Fiscalía, o procesado contactou cun menor a través dunha rede social en maio do ano pasado. O menor fíxose pasar por unha moza de 15 anos, mentres que o acusado afirmou ter 35 anos.

Ao longo de dúas semanas ambos mantiveron contacto a través desa rede e o acusado, crendo que conversaba cunha moza, pediulle que lle enviase fotos espida, e mantivo co menor (de 13 anos de idade) diálogos sobre sexo explícitos, chegando a simular que mantiña relacións sexuais co seu interlocutor. O acusado tamén pediu á suposta moza que fose con el á praia, e instoulle a intercambiarse fotos espidos por WhatsApp.

Posteriormente contactou coa vítima a través de Twitter e envioulle un vídeo con escenas explícitas de sexo entre adultos, así como unha ligazón para ver unha conta de Twitter con contido pornográfico.

O procesado ten antecedentes médicos por unha minusvalía conxénita con cardiopatía, alteracións óseas e discapacidade intelectual, cun coeficiente intelectual normal-baixo e limitacións comunicativas e cognitivas que afectan as súas capacidades de maneira leve. Por iso aplícaselle a circunstancia atenuante de anomalía psíquica.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...