InicioSociedadeCatro sobreiras do Rosal entran no catálogo galego de árbores singulares

Catro sobreiras do Rosal entran no catálogo galego de árbores singulares

Atópanse ao pé da capela da Magdalena.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O catálogo galego de árbores singulares de Galicia acaba de incorporar unha nova formación de sobreiras localizados no concello do Rosal. Neste engadido, conta xa cun total de 179 elementos de 80 especies diferentes.

O Diario Oficial de Galicia publica este xoves a resolución pola que se notifica a súa inclusión neste rexistro público, no que figuran todas aquelas árbores e formacións que merecen unha protección especial en atención ás súas características singulares ou excepcionais.

Estas árbores pertencen á especie ‘Quercus suber’ e constitúen un conxunto de catro exemplares que cumpren coas condicións sinaladas polas “excepcionais características da súa porte e dendrometría”. Estes elementos alcanzan os 22 metros de altura e o seu perímetro oscila entre 3,8 e 4,3 metros.

Así mesmo, o conxunto posúe tamén uns “notables valores estéticos e paisaxísticos” ao atoparse ao pé da capela da Magdalena, no cume do monte do mesmo nome.

Do mesmo xeito, a Xunta subliña o valor histórico do conxunto xa que a capela “aparece mencionada en documentos do século XII, como pertencente ao Mosteiro de Oia”. Tamén está acreditado que o monte serviu de emprazamento de pezas de artillaría, nas guerras con Portugal.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...