InicioMedio Ambiente e PatrimonioTes unha nova oportunidade de coñecer as paisaxes ocultas de Bueu con...

Tes unha nova oportunidade de coñecer as paisaxes ocultas de Bueu con rutas guiadas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Todos os sábados pola mañá ata o 30 de setembro organizaranse no Concello de Bueu diversas camiñadas guiadas para coñecer a contorna dende a Aula da Natureza de Cabo Udra.

Estas rutas percorrerán o Sendeiro do Litoral, a Ruta dos Pazos, a Ruta dos Abades, a Ruta dos Muíños e a de Cabo Udra. Sobre as datas concretas destas rutas irase informando na páxina web municipal.

Pero non só haberá rutas os sábados, senón que todos os mércores, a concellaría de
deportes pon en marcha o programa de sendeirismo, que comezará o 11 de xullo e no que se coñecerán diferentes espazos bueueses como Meiro, Udra, Portomaior, Igrexario…

As saídas serán todos os mércores de xullo e agosto dende a Praza Massó e a
duración das camiñadas, de tres horas aproximadamente. Para participar non se precisa inscrición previa, aínda que se debe levar roupa e calzado cómodos e froita e bebida.

aulas medioambientais

O Concello de Bueu reabre durante a temporada estival as aulas medioambientais de Cabo Udra e Agrelo. Así, o Centro de Interpretación de Agrelo estará aberto do 6 de
xullo ao 2 de setembro, concretamente os venres de 19 a 21 horas e os sábados,
domingos e festivos de 11 a 20 horas.

E a Aula da Natureza de Cabo Udra estará aberta ata o 30 de setembro, os venres de 19 a 20 horas e os sábados, domingos e festivos, das 11 ás 20.30 horas. Nesta última xestionaranse excursións cos centros escolares e asociacións e rutas pola contorna todos os sábados.

 

ÚLTIMAS

A CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico sobre o dereito á saúde

A CIG denunciou este luns que o modelo de mutualismo administrativo está deseñado para...

La Reina del Flow encabezará o Galicia Fest 2026 cun concerto no Porto de Vigo

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, anunciou este luns o primeiro cabeza...

Guerra de cifras e reproches entre a Xunta e o Concello de Vigo pola vivenda e o Mundial 2030

A Xunta de Galicia reivindicou este luns o seu compromiso coa construción de vivenda...

Un policía local de Redondela resulta ferido ao deter un home que tentou reter a unha moza

Un axente da Policía Local de Redondela resultou ferido este fin de semana durante...