InicioEconomíaCadran as cifras do sector do conxelado en Galicia? 42,7% da facturación...

Cadran as cifras do sector do conxelado en Galicia? 42,7% da facturación estatal… e só o 36,3% dos empregos

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia lidera o sector do conxelado en España, con 143 empresas que facturan 4.236 millóns de euros anuais (42,7% do total do Estado), pero todo isto grazas a un número de traballadores que non termina de corresponderse coa devandita cifra: só 6.510 empregos que representan o 36,3% dos empregos directos do conxelado en España.

Polo tanto, a pregunta é, por que esa diferenza tan grande entre a porcentaxe de facturación, con ese 42,7% do total, e un número de empregos que só representan un 36,3%, ou sexa, un 6,5% por debaixo?

Estes datos aparecen no último estudo de Conxemar, asociación que aglutina a 220 empresas do conxelado que producen o 76% da facturación total do Estado e neste caso tamén representan exactamente o 76% do emprego directo.

Para Conxemar, no seu informe “ponse de manifesto a potencialidade dun sector (o conserveiro) que representa un dos principais soportes da economía española”. E, polo tanto, máis aínda da galega.

Barco pesqueiro en Orillamar
Traballador preto da proa dun barco conxelador amarrado no peirao de Beiramar / Miguel Núñez

A súa análise inclúe os datos do último ano fiscal dispoñible (2016), e reflicte que son 603 empresas as que conforman a industria e comercialización de produtos do mar en España (sector do conxelado e conserva), e que facturaron conxuntamente 12.992 millóns de euros xerando 28.373 empregos directos. 

A pesar de ser un sector tradicional, está en alza: “O conxunto as empresas do sector xeraron en 2016 un valor engadido bruto de 1.405 millóns de euros fronte aos 1.261 millóns creados en 2015 por esas mesmas empresas”.

Vigo cidade de coor
Lorena Arévalo e Vanesa Alvarez homenaxean á muller das conservas para o proxecto “Vigo cidade de Cor”/Miguel Nuñez

En conclusión, Galicia lidera con man de ferro o sector do conxelado: 143 empresas (o 38,6% do total de España), 4.236 millóns de euros de facturación (42,7% do total) e 6.510 empregos (36,3% do total).

Os niveis de facturación das demais comunidades non chegan ao 20% do total en ningún caso. O sector do conxelado de produtos do mar está a facturar no conxunto do Estado 9.918 millóns de euros anuais, e empregando de forma directa a 17.934 persoas.

ÚLTIMAS

Cinco detidos en Vigo por un alixo de 200 quilos de cocaína chegado nun portacontedores desde Sudamérica

A Policía detivo a cinco persoas pola súa suposta vinculación cun cargamento duns 200...

O BNG alerta de que 9 de cada 10 alugueiros en Vigo superan os 700 euros e esixe declarar a zona tensionada

O BNG de Vigo alertou este martes de que 9 de cada 10 vivendas...

O PP de Vigo esixe a Caballero que rompa o seu “silencio cómplice” ante o pacto entre o PSOE e ERC

O PP de Vigo esixiu este martes ao alcalde da cidade, Abel Caballero, "que...

Patronal e sindicatos abren en Vigo a negociación do convenio do Metal

A cidade de Vigo acolleu este martes a primeira toma de contacto da mesa...