InicioSociedadeO Goberno vigués aproba as normas de adxudicación de prazas en 9...

O Goberno vigués aproba as normas de adxudicación de prazas en 9 escolas infantís, entre elas a de Santa Marta

O prazo de presentación de solicitudes arrinca este mesmo luns, 22 de marzo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou as normas para a adxudicación de prazas e matrícula nas nove escolas infantís municipais (EIM) para o próximo curso, incluída a EIM Santa Marta.

Segundo comunicou este luns o concelleiro de Educación, Gorka Gómez, para o curso 2021/2022 ofertaranse 675 prazas nas escolas de Atalaia, Bembrive, Bouzas, Mestres Goldar, Costeira de Saiáns, Navia, Santa Cristina, Santa Marta e Tomás Alonso. Así, informou de que o prazo de presentación de solicitudes arrinca este mesmo luns, 22 de marzo, e prolongarase ata o 9 de abril.

Tal e como manifestou, a estas nove escolas infantís o Goberno local destina “máis de dous millóns de euros”. Con iso, subliñou, o Concello vigués “segue coa súa aposta decidida pola educación”.

ESCOLA SANTA MARTA

Debido ás obras de urbanización de Barrio do Cura, os nenos do centro Santa Marta serán recolocados no edificio do Instituto Municipal de Educación, segundo anunciou hai días o alcalde, Abel Caballero, tras fracasar o seu intento de levar a escola ao CEIP Ramón e Cajal pola negativa da Xunta e do propio colexio.

Nas últimas semanas a Federación Olívica de Anpas (Foanpas) protagonizou varias protestas polo traslado da escola infantil. O alcalde, pola súa banda, mantivo que a decisión de trasladar o centro ao Instituto Municipal de Educación é “irreversible”.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...