InicioSociedadeA UVigo súmase á conmemoración do día da endometriose

A UVigo súmase á conmemoración do día da endometriose

A endometriose é unha doenza crónica que afecta a unha de cada dez mulleres en idade fértil, o que supón máis de 150 millóns de persoas afectadas en todo o mundo, 60.000 delas en Galicia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A UVigo quixo sumarse á celebración do día mundial da endometriose participando dunha campaña divulgativa impulsada pola asociación querENDO, mulleres con endiometriose.

Así, alumnado e profesorado da Facultade de Filoloxía e Tradución, un dos centros universitarios cun maior índice de presenza feminina da universidade, realizou o primeiro cartel desta campaña de concienciación coa axuda da vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais, Mónica Valderrama; a directora da Unidade de Igualdade, Águeda Gómez; a presidenta da asociación querENDO, Cristina Fernández; a vicedecana, Inmaculada Anaya, e Aroa Vázquez, da Delegación de Alumnado.

Desta maneira, tras a elaboración do cartel, levaron a cabo unha pegada simbólica destes carteis pola Facultade, co obxectivo de visibilizar que, pese ao amplo número de mulleres ás que afecta a endometriose, segue a ser unha gran descoñecida, tanto para o público en xeral como para o propio sistema sanitario, situándose na actualidade o tempo medio de diagnóstico en arredor de oito anos, de aí a importancia de dala a coñecer.

Nesta liña, a representante da asociación querENDO deu as grazas á Universidade de Vigo pola súa colaboración na divulgación e na visibilidade desta doenza. “É importante que se repartan os carteis e os dípticos e que as mozas, e tamén os mozos, estean informados de que a dor de regra que non te deixa facer vida normal é indicativo de que algo pasa, que hai algo que pode que non estea ben e, polo tanto, débese ir ao médico e loitar por un diagnóstico”, subliñou a presidenta da asociación.

Pola súa banda, Águeda Gómez, directora da Unidade de Igualdade, lamentou que en demasiadas ocasións se lle resta importancia ás enfermidades propias das mulleres. “Con este acto queremos tamén reivindicar que a ciencia e a investigación debe darlle a estas enfermidades o protagonismo que merecen, pois afectan a unha parte moi significativa da poboación”, salientou Gómez, ao tempo que fixo fincapé en “hai que seguir investigando sobre estas doenzas e tamén loitar para que sexan causa xustificada para as baixas laborais, pois para algunhas mulleres é moi incapacitante”.

ÚLTIMAS

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...

Detido na rúa Uruguai tras lesionar a unha viandante, á que golpeou cunha lata de cervexa, causándolle un corte na tempa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 45 anos de idade, J.K.V.,...

O goberno de Vigo rexeita debater unha moción urxente sobre as festas

O grupo municipal do PSOE de Vigo rexeitou este luns debater unha moción de...