InicioSociedadeA Xunta quere realizar un cribado ao 40% da poboación de Soutomaior

A Xunta quere realizar un cribado ao 40% da poboación de Soutomaior

É o único concello de Galicia que mantén restricións máximas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Sergas realizará a próxima semana 8 de marzo un cribado a unhas 2.500 persoas para detectar posibles casos de Covid-19 no municipio pontevedrés de Soutomaior, único de Galicia ata a data que permanece no nivel máximo, o que supón que non se permiten as reunións de non convivientes, nin a mobilidade fora do concello, mentres que a hostalaría debe permanecer pechada.

Segundo informou a área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés este cribado realizarase no peirao de Arcade entre o luns 8 e o xoves 11 con PCR convencional co fin de detectar “o maior número posible de portadores asintomáticos da Covid-19”, o que permitirá reducir a cifra de contagios de coronavirus no municipio de Soutomaior.

Para iso convocarase gradualmente vía SMS telefónico á poboación de Soutomaior de entre 30 e 64 anos de idade con cartón sanitario activa nos centros de saúde deste municipio, colectivo que nesta localidade agrupa a 2.500 persoas.

CENTROS EDUCATIVOS

De modo complementario, a área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés efectuará a próxima semana dúas cribados poboacionais en senllos centos educativos do municipio de Soutomaior. En concreto, o luns 8 de marzo será o do CEIP Manuel Padín con 450 convocados, mentres que o martes 9 terá lugar o do IES de Soutomaior, con 560 citados.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...