InicioMovementos SociaisA Favec denuncia que o Concello quere "desaloxar o movemento veciñal" de...

A Favec denuncia que o Concello quere “desaloxar o movemento veciñal” de Vigo

Avisa de que non deixará o seu local ata que se lle ofreza unha alternativa durante as obras.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Federación de Asociacións Veciñais de Vigo Eduardo Chao (Favec) concentrouse na mañá deste mércores ante o Concello olívico para esixir unha “solución” mentres duran as obras de reforma do edificio onde se sitúa o seu local social, na Praza da Princesa, e xa avisou de que non marchará do lugar mentres non se lle dea unha alternativa.

Neste marco, presentou nos xulgados de Vigo un contencioso-administrativo polo que pide unha medida cautelar de paralización das obras e do consecuente desaloxo, que prevé que sexa inminente xa que están a piques de cumprirse os dous meses desde que –o 29 de decembro– recibiu a notificación.

En declaracións aos medios, a presidenta da Favec, María Pérez, criticou que o Goberno vigués non ofreceu á federación ningunha alternativa mentres duren as obras, mentres que ás outras organizacións que se atopan no mesmo inmoble “xa lles deron unha solución”.

“Para culminar unha obra comezada hai xa algún tempo, aproveitando o momento, queren desubicar esta Federación da súa sede actual, sen asignarlle outro local que sirva para cumprir o seu labor social, comprometéndose, despois das reparacións, ao retorno ao mesmo”, denunciaron no manifesto lido durante a concentración.

“O alcalde díxonos que nos buscásemos a vida, que non nos ían dar unha alternativa”, censurou Pérez, que apuntou que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, quérelles ” quitar o local porque non consente que ninguén lle leve a contraria e todo aquel que denuncia é negativo”.

Neste sentido, puxo en valor o traballo que realiza a federación “polo ben dos cidadáns”. “Non estamos por partidos nin por siglas, estamos a ver polo ben dos cidadáns, porque hai moitos problemas nesta cidade que non se queren ver”, rematou.

DESALOXO AO MOVEMENTO VECIÑAL

No transcurso da protesta, na que participaron unha vintena de persoas, os participantes mostraron unha pancarta pola que denuncian que “o Concello desaloxa ao movemento veciñal e á democracia” e cantaron consignas como “da Praza dA Princesa non nos botarán” ou “Abel, escoita, a Favec está en loita”.

Pérez foi a encargada de ler o manifesto, polo que repasou que a Federación –que foi recoñecida como Viguesa Distinguida en dúas ocasións– en 2020 tramitou máis de 1.000 peticións de información do ingreso mínimo vital, 320 queixas ao concello e 127 xestións do novo avance do Plan Xeral.

Ademais, indicou que durante o pasado ano a Favec paralizou 22 desafiuzamentos; xestionou 135 trámites do padrón, 398 trámites de benestar social, 155 consultas de asesoramento legal; e entregou alimentos a familias e pezas ao roupeiro.

Está demostrado que o movemento veciñal nunca foi do seu agrado, por non someterse aos seus ditados e reclamar solucións reais aos problemas sociais que teñen os cidadáns”, continuou Pérez en referencia a Caballero, engadindo que o movemento veciñal “non só é necesario” senón “imprescindible”, mentres que o “favoritismo que se practica cara a aqueles considerados amigos non é de recibo”.

ÚLTIMAS

Un vehículo choca con outro e resulta envorcado en Vigo

O barrio vigués de Teis rexistrou na mañá deste venres un accidente de tráfico,...

Abel Caballero asegura que pedirá a Sánchez adiantar os prazos do AVE Vigo-Oporto, porque seguirá “defendendo a Vigo contra quen faga falta”

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, botou en cara ao xefe do Executivo central, Pedro...

Detidos os dous supostos autores dun roubo nunha empresa de enxeñaría de Teis, facéndose con material por valor de 21.000 euros

A Policía Nacional detivo en Vigo aos dous supostos autores dun roubo con forza nunha empresa...

Ciencia en galego, Youtubeiros científicos e os perigos das Fakenews no ciclo ‘Ciencia de ida e volta’

Coa celebración do Día da Ciencia en Galego e dos días mundiais da Vida Silvestre,...