InicioSociedadeA terceira onda remite en Vigo, aínda que aumentan os novos casos

A terceira onda remite en Vigo, aínda que aumentan os novos casos

Baixa os pacientes en planta en UCI pero hai máis contaxiados que o día anterior.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A presión hospitalaria mantén a tendencia descendente en Galicia con 59 ingresados menos con Covid-19 con respecto á xornada anterior ao situarse con 634 pacientes con coronavirus. Tamén volveron a reducirse os casos activos, que supoñen 7.292. Así se reflicte nos datos actualizados este mércores pola mañá pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste martes, que inclúen 133 pacientes con Covid en UCI –13 menos– e 501 noutras unidades –46 menos–.

Os ingresados con coronavirus baixan  a 21 os pacientes na UCI –dous menos– e 55 –seis menos– en planta.

MENOS CASOS ACTIVOS E MÁIS CONTAXIOS

Os casos activos manteñen, así mesmo, a tendencia descendente e sitúanse en 7.292 en Galicia, o que supón 456 menos que a xornada anterior. Na área sanitaria de Vigo son 1.127.
En canto aos novos contaxios diarios detectados por calquera tipo de proba, aumentaron lixeiramente a 279 en Galicia, dos que 223 son positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas. Destes 48 corresponden á de Vigo.

TAXA DE POSITIVIDADE E FALECIDOS

Pola súa banda, a taxa de positividade –porcentaxe de infeccións por test PCR realizados– reduciuse a un 3,3 por cento tras aumentar ao 4,8% a xornada anterior, polo que segue por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) marca como máximo para dar por controlada a pandemia.

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...