InicioSociedadeA área de Vigo xa ten unha taxa de positividade da covid...

A área de Vigo xa ten unha taxa de positividade da covid menor a recomendada pola OMS

Baixa a presión hospitalaria.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A presión hospitalaria que deixa a pandemia da covid-19 en Galicia continúa cunha curva descendente cun total de 813 ingresados, 50 menos que os que había 24 horas atrás. Destes, hai 169 nas unidades de coidados intensivos (UCI), o que implica unha baixada de 11.

Mentres tanto, os casos de coronavirus detectados en Galicia ascenderon a 110.031 desde o inicio da pandemia, dos que 352 sumáronse no último día –325 confirmados cunha PCR–. Esta cifra significa unha estabilización nas novas infeccións rexistradas, xa que son só unha máis que a xornada previa e a metade que a de hai unha semana.

No que respecta á presión hospitalaria, an área sanitaria de Vigo, os ingresados caen nunha vintena, ata os 91 en total, e en críticos son 20, tres menos que un día atrás.

CONTAXIOS E PCR

Pola súa banda, os novos casos detectados a diario en Galicia por todo tipo de probas subiron en 352 nun día, só un máis que a xornada inmediatamente anterior. A área sanitaria de Vigo tivo 77.

Así, a taxa de positividade aumentou medio punto na Comunidade, ata o 4%, pero aínda está por baixo do 5% que marca a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia. Por áreas sanitarias,  Vigo está por baixo da media cun 4,8%.

MENOS CASOS ACTIVOS

Ademais, os casos activos manteñen a tendencia descendente e caen a 10.040, o que supón unha caída de 868 nun día. De feito, a baixada é sostida no sete áreas sanitarias galegas. En concreto, na de Vigo baixaron ata os 1.452 casos activos (-169).

ÚLTIMAS

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Caballero denuncia o “mal funcionamento” do transporte escolar en Vigo e reclama máis profesorado

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, lamentou o “mal funcionamento” do transporte escolar este...

O Álvaro Cunqueiro estrea o luns un novo Hospital de Día para reducir ingresos e desconxestionar Urxencias

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo inaugurará o vindeiro luns, día 28 de setembro,...

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...