InicioSociedadeO Hospital Cunqueiro de Vigo achegará entre 8 e 10 mostras de...

O Hospital Cunqueiro de Vigo achegará entre 8 e 10 mostras de metástases cerebrais ao ano á rede nacional Renacer

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo achegará cada ano entre 8 e 10 mostras de metástasis cerebrais á rede nacional Renacer, sendo o único centro hospitalario galego que participa neste proxecto.

Así o comunicou o Servizo Galego de Saúde (Sergas), que lembrou que o Cunqueiro se integrou a esta rede a finais de xaneiro xunto a outra decena de hospitais españois. O obxectivo desta iniciativa é crear unha colección de mostras humanas para impulsar a investigación das metástases cerebrais, para mellorar tanto o seu diagnóstico como o seu tratamento.

A rede foi impulsada polo Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO), que inicialmente traballaba coas súas propias mostras pero necesitaba un maior número delas para continuar coas investigacións.

Desta forma, previo consentimento dos pacientes, os cirurxiáns extraerán mostras de tecido durante as operacións cirúrxicas. A continuación, tras recibir o visto e prace como excedente clínico por parte dos patólogos, as mostras enviaranse ao Biobanco do CNIO para o seu procesamiento e almacenamento.

ÚLTIMAS

Guerra da auga entre Xunta e Vigo por Eiras: Neglixencia e 2 millóns de euros por un ‘bypass’ urxente

A situación das válvulas danadas na presa de Eiras xerou unha forte confrontación entre...

Caballero estala contra o acordo de Medicina: “É un mal pacto para Vigo e a Xunta forzou aos reitores”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, considera unha "mala noticia" o acordo alcanzado entre...

Ferido grave en Vigo ao ser atropelado por un patinete eléctrico mentres baixaba do autobús

Un home de 58 anos de idade, J.M.S.X., resultou ferido grave este luns despois...

Jacobo Porteiro lánzase ao Reitorado da UVigo cunha candidatura “de consenso” para modernizar unha universidade en pleno cambio

O catedrático na área de Máquinas e Motores Térmicos na Escola de Enxeñaría Industrial...