InicioSociedadeA unidade de Oncoloxía Pediátrica do Chuvi diagnosticou 25 novos casos en...

A unidade de Oncoloxía Pediátrica do Chuvi diagnosticou 25 novos casos en 2020, co que atende a 160 menores

O índice de supervivencia do cancro infantil sitúase aproximadamente nun 8%.

PUBLICADO O

A unidade de Oncoloxía Pediátrica do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) diagnosticou 25 novos casos en 2020, o que representa tres casos máis que no ano anterior.

Así o comunicou o Servizo Galego de Saúde (Sergas), que indicou que, con iso, a área sanitaria viguesa atende a un total de 160 menores. A maioría deles xa concluíron o seu tratamento no hospital e atópanse en fase de seguimento.

No entanto, hai 10 pacientes en fase de tratamento quimioterápico activo e o Hospital de Día Pediátrico atende de forma ambulatoria a unha media diaria de 8 pacientes. Ademais, faise seguimento a menores con síndromes xenéticas con predisposición ao cancro para tratar de “realizar un diagnóstico precoz”.

Estes datos foron comunicados polo Sergas coincidindo co Día Internacional do Cancro Infantil, motivo polo que o Chuvi enviou “unha mensaxe de apoio e esperanza a todos os menores que están a loitar contra esta enfermidade e as súas familias”.

Neste sentido, a oncóloga Cristina Lorenzo destacou que “o índice de supervivencia do cancro infantil sitúase aproximadamente nun 80 por cento, con progresivos avances cada ano”.

Ademais, destacou que no último ano os menores “demostraron ser un exemplo a seguir na loita contra o covid-19”, xa que se puido manter a actividade asistencial do hospital “sen documentarse ningunha infección”.

ÚLTIMAS

Sanidade non garante os salarios do persoal de ambulancias e realizará unha intervención pública da empresa

Altos cargos da Consellería, Sergas e 061 con representación do comité de folga da...

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...