InicioSociedadeDous novos positivos en residencias da área de Vigo

Dous novos positivos en residencias da área de Vigo

Por outra parte, saen da lista por negativizaren un usuario an residencia Xardín Castro Lareira de Salceda de Caselas e dous da Miña Casa de Pazos de Borbén.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dous novos positivos por COVID foron rexistrados en residencias da Área de Vigo. Un deles no fogar residencial Xardín Castro Lareira de Salceda de Caselas e outro na vivenda comunitaria Urzáiz en Vigo.

Por outra parte, saen da lista por negativizaren un usuario an residencia Xardín Castro Lareira de Salceda de Caselas e dous da Miña Casa de Pazos de Borbén.

Entre os traballadores de residencias de maiores contaxiados, detectouse un positivo na Moledo de Vigo, mentres que saen da lista por negativizar 13 na Paz e Ben de Tui.

Os usuarios de residencias de maiores con Covid-19 descenderon de novo en Galicia, con 25 menos, tras rexistrarse sete novos positivos, 26 altas e seis falecementos, polo que se sitúan en 237. Así se desprende dos datos actualizados este venres polas consellerías de Política Social e Sanidade.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...