InicioSociedadeA CIG une forzas con Portugal para loitar contra as políticas laborais...

A CIG une forzas con Portugal para loitar contra as políticas laborais da UE

PUBLICADO O

- Advertisement -

O sindicato CIG vén de poñer en marcha unha campaña que denuncia “as condicións laborais de sobreexplotación que padecen milleiros de traballadores transfronteirizos en Galiza e Portugal, principalmente no sur das provincias de Pontevedra e Ourense e nos sectores da construción, da automoción e no naval, aínda que tamén nos servizos e na industria téxtil”.

Segundo a CIG, “as empresas aproveitan a falta de regulación en materia laboral propiciada pola UE e a inacción da Xunta e da Inspección de Traballo para nutrirse de man de obra precaria”. Por este motivo, a central ten convocadas mobilizacións en Vigo e Ourense este mércores día 4.

Segundo sinalan dende a CIG, estes operarios son vítimas do empobrecemento xeneralizado e da sobreexplotación laboral “que fomentan os Gobernos español e galego mediante a aplicación das políticas impostas pola Unión Europea (UE) a través da Troika, como as últimas reformas laborais”.

“A fronteira aprovéitase para aumentar a sobreexplotación, por iso é máis necesario ca nunca a defensa da clase traballadora de ambas as dúas beiras”, sosteñen. Esta campaña prodúcese no contexto do recente protocolo de colaboración subscrito entre a CIG e o principal sindicato portugués, a CGTP-IN.

“A coordinación entre organizacións sindicais de ambos os dous países é fundamental para evitar que a desregulación en materia laboral favorecidas pola Troika para aumentar o lucro das grandes transnacionais afonde na sobreexplotación de milleiros de traballadores”, engaden.

“As prácticas que utilizan as empresas para maximizar os seus beneficios fomenta o dumping social e agudiza o enfrontamento entre a clase traballadora dos distintos países, para nós só hai unha clase traballadora e está a ser brutamente explotada”, sinalan dende a CIG.

Isto é posíbel porque os organismos fiscalizadores non cumpren co seu labor, aseguran. “A Inspección de Traballo e a Xunta, por exemplo, é sabedora desta situación pero non actúa”. Diante disto, a CIG ten convocadas mobilizacións en Vigo e Ourense este mércores día 4.

No caso de Ourense a manifestación arrincará ás 11:30 horas dende a propia sede da Inspección de Traballo e rematará diante da Xunta. En Vigo será ao revés, a marcha partirá da delegación da Xunta e rematará na Inspección.

DENUNCIAS

-A falta de regulación laboral propiciada pola UE permite que as empresas boten man de persoal en precario ante a inacción e a falta de control da Xunta de Galiza e da Inspección de Traballo.

– Trátase dunha práctica estendida en todos os sectores que provoca dumping social: competencia desleal entre empresas baseada nos baixos salarios para reducir custes e ofrecer prezos competitivos.

-O habitual é a presenza en Galiza de traballadores portugueses con condicións laborais do seu país, pero tamén hai galegos que traballan aquí baixo convenios portugueses, que son un 50% máis baixos.

-As empresas utilizan o traslado de traballadores dun lado a outro da fronteira para evitar ter que converter en indefinido a persoal eventual con contratos de obra e servizo.

Cada vez é máis común que compañías da automoción ou da limpeza abran delegacións en solo portugués para contratar tanto persoal autóctono como galego en peores condicións para logo traballar nos dous países.

-No sector da construción, sobre todo nas grandes obras públicas, as condicións dos operarios portugueses rozan a escravitude: xornadas de 12-14 horas de luns a sábado e sen vacacións.

-Empresas que xestionan residencias da terceira idade en Galiza tiran de persoal portugués ante a dificultade de atopar empregados galegos que traballen nas condicións precarias que marcan os convenios.

ÚLTIMAS

Caballero acusa a Rueda e o PPdeG de deixar a Vigo sen Facultade de Medicina: “É unha pésima noticia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou este venres como unha "noticia pésima"...

A Xunta e o Porto de Vigo dan por finalizada a limpeza da vertedura de aceite de palma na ría

Tras unha semana de traballos de retirada e contención, a Xunta e o Porto...

O alto tribunal galego mantén a condena a un home por abusar dunha muller mentres durmía

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimou o recurso de apelación dun home condenado...

Localizan tres polisóns, dous menores, ocultos nun camión que ía embarcar cara ao Reino Unido

Axentes da Policía Nacional, da Garda Civil e da Policía Portuaria de Vigo localizaron...