InicioSociedadeSERGAS, da liberdade de expresión do médico negacionista á destitución dunha ciruxana...

SERGAS, da liberdade de expresión do médico negacionista á destitución dunha ciruxana por un comentario crítico en Facebook

PUBLICADO O

- Advertisement -

Cando España está a soportar o seu límite máximo de ocupación en UCIS por culpa do COVID19, o xefe de sección de Alergoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), Carlos González de la Cuesta, fíxose famoso onte non pola súa capacidade profesional se non por difundir un vídeo no que, tras identificarse como médico con número de colexiado, rexeita a “vacinación obrigatoria” e tacha de “experimento xenético” a vacina, á vez que anima á poboación a investigar sobre o tema na páxina web da plataforma negacionista dun grupo de médicos españois.

No vídeo, compartido en redes sociais, o doutor González da Costa afirma “dicir non á vacinación obrigatoria” e “non a todas aquelas medidas que restrinxan dereitos e liberdades sen validación científica”. Así mesmo, tacha de “mal chamada” a vacina e asegura que se trata dun “experimento xenético”. Ademais, fai unha invitación a “investigar sobre se é necesaria e realmente eficaz e segura” mediante vídeos de Natalia Prego.

A citada páxina web xerou polémica posto que foi considera unha plataforma negacionista que nos últimos meses fixo acusacións sobre a situación sanitaria, que chegou a tachar de “mentira”.

Segundo recolle diario EL PAIS, o SERGAS afirmou non compartir as declaracións do médico do CHUO, pero que tomou a decisión de non adoptar medida algunha contra o xefe de servizo de Ourense enmarcando o caso nun exercicio de “liberdade de expresión non vinculado ao exercicio profesional no SERGAS”. Sen entrar a valorar o fondo da cuestión.

Esta resposta do SERGAS pilla por sorpresa perante a decisión que adoptou o pasado 22 de marzo de 2020, en pleno confinamento, cando a Xefa de Ciruxía do Hospital Álvaro Cunqueiro, Eva Maquieira, foi cesada de xeito fulminante en 24h por escribir un comentario no seu perfil persoal en FACEBOOK criticando a falta de material de protección así como que o hospital non permitise o uso de máscaras e pantallas de protección aos médicos para as consultas alegando “irresponsabilidade e crear un alarmismo innecesario. “

Mesmo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, defendeu o cese desta profesional afirmando que a xerencia “ten que actuar” cando se cuestionan ou critican as medidas establecidas por ese servizo, por parte dunha facultativa que non pertence ao mesmo.

Eva Maquieira atopábase nese momento en illamento por ter contacto cun positivo COVID no centro de traballo. A día de hoxe, case un ano despois, non foi restituida no seu cargo.


ÚLTIMAS

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...

A Xustiza de Vigo rexeita ampliar o permiso de paternidade a 22 semanas como o das nais

O xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo desestimou a demanda interposta por un...

A Axencia Tributaria desarticula en Vigo e outras cidades unha ‘macrotrama’ que defraudou 300 millóns en IVE

A Axencia Tributaria desmantelou unha das maiores redes de defraudación de IVE no sector...

Falece Gonzalo Caballero Álvarez, irmán do alcalde de Vigo e pai do exlíder do PSdeG e

Gonzalo Caballero Álvarez, pai do exsecretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero Míguez e irmán...