InicioSociedadeCientíficos de Vigo participan nun proxecto para detectar e monitorear lixo no...

Científicos de Vigo participan nun proxecto para detectar e monitorear lixo no mar

O obxectivo é identificar a orixe e traxectoria dos residuos ata a súa chegada ás costas e outros ecosistemas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Investigadores da Universidade de Vigo e do Instituto de Ciencias Matemáticas (CSIC-UAM-UCM-UC3M) impulsan un proxecto, no que xa levan un ano traballando, que pretende detectar lixo no mar e monitorear a súa orixe e traxectoria ata a súa chegada ás costas e outros ecosistemas.

Esta iniciativa, denominada Bewats (Beach Waste Tracking System) e financiada polo programa Pleamar da Fundación Biodiversidade, pretende coñecer a orixe do lixo mariño e o percorrido que fan os residuos, para o que desenvolveu ferramentas de ‘monitoreo’ mediante imaxes de satélites e drones.

Ao longo do último ano os investigadores centráronse nas rías de Vigo e Pontevedra (incluíndo o Parque Nacional Illas Atlánticas), onde chegan residuos mariños, principalmente plásticos, impulsados polas fortes correntes oceánicas.

Entre os avances logrados, os investigadores Ana M. Mancho e Guillermo García, do CSIC, desenvolveron modelos para seguir as rutas destes residuos, baseándose nas correntes mariñas e grazas aos datos achegados polo Servizo de Monitorización Mariña Copernicus (CMEMS) e aos seus propios desenvolvementos. Con estes modelos pódese delimitar a orixe dese lixo nas diferentes épocas do ano.

Pola súa banda, os investigadores Fernando Martín e Orentino Mojón, do centro atlanTTic da UVigo, comezaron a tomar imaxes con drons en diferentes puntos das rías de Vigo e Pontevedra, baseándose no ‘software’ desenvolvido no proxecto europeo Litterdrone.

O proxecto Bewast acabará en abril, tras unha prórroga pola pandemia de COVID. En próximos meses, e ante a falta de datos ‘in situ’ para validar os datos remotos, os investigadores da UVigo crearán un obxecto de plástico a modo de branco flotante para capturar a súa imaxe por satélite e con drons.

Neste proxecto participou a empresa GMV, que desenvolveu un innovador enfoque baseado en datos remotos para a detección do lixo mariño usando imaxes Sentinel-2 (proporcionadas polo programa Copernicus) e técnicas de ‘machine learning’.

Ademais de procesar as imaxes para detectar os residuos, tamén se iniciaron as primeiras investigacións para identificar os tipos de plásticos.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...